Homenaxe á Guerrilla Antifranquista na Galiza

Homenaxe Guerrilla antifranquista - 1280x720

Todos os países teñen os seus recoñecemento ás heroes e heroínas que pelexaron contra as forzas de ocupación, antidemocráticas, hordas de asasinos e milicias que perseguiron ás mulleres e homes que loitaron polos dereitos democráticos e polas liberdades.

Heroes e heroínas como as que na Galiza formaban parte da guerrilla antifranquista, que na clandestinidade, agochándose en covas situadas en fragas e montes, loitaron contra a ditadura nunhas condicións de extrema dificultade. E xunto a ela, a veciñanza que lle prestou apoio.

Toda a sociedade debe avergoñarse dun golpe de estado -o do 18 de xullo de 1936- que conculcou a libre vontade do pobo expresada nas urnas. Cómpre condenar o réxime franquista, que baseou a súa supervivencia na eliminación física e na cruel persecución de toda discrepancia política e cultural.

Como demócratas temos unha débeda coa sociedade de hoxe e do futuro, porque non se pode construír unha verdadeira democracia sobre o esquecemento dos milleiros de homes e mulleres que loitaron, sufrindo a represión e, en moitos casos, mesmo pagando coa súa vida, o facerlle fronte á cruenta ditadura franquista, loitando por deixar unha Galiza mellor para as xeracións vindeiras. Non podemos, por tanto, permitir por máis tempo a pervivencia da memoria construída sobre as bases do franquismo, o silencio cómplice da transición española e o adiamento de verdade, xustiza e reparación.

É hora de que a Galiza recoñeza a labor destas heroínas e heroes que, desde o noso país, pelexaron con este obxectivo. É a nosa intención realizar unha homenaxe a estes colectivos, cuns actos que honren á guerrilla antifranquista, contando co contributo de todas aquelas persoas e colectivos que queiran sumarse a participar deste necesario recoñecemento.

Desde o BNG damos un paso adiante para desenvolver esta homenaxe, poñendo a disposición a nosa estrutura ao longo de toda a nación galega e sendo conscientes de que resulta imprescindíbel recuperar a memoria desta historia de resistencia ao fascismo única en Europa, da que Galiza, e todas as galegas e galegos, podemos sentir orgullo.

Esta é unha homenaxe inclusiva, aberta á participación de todas aquelas persoas e colectivos que compartan o desexo expresado neste manifesto. Queremos que todo o pobo galego, a comezar polas familias das persoas homenaxeadas, participen deste merecido recoñecemento, pola achega realizada á defensa da democracia contra a barbarie, a convivencia contra exclusión e a vida contra da tortura e a morte.

Por todo isto, desde o Bloque Nacionalista Galego impulsamos estes actos de recoñecemento á guerrilla antifranquista na Galiza e, xunto con diversos colectivos e persoas a título individual, por medio deste manifesto expresamos:

  • O noso recoñecemento a todas as persoas que fixeron parte da guerrilla antifranquista, tanto como combatentes, como exercendo de enlaces ou dándolles refuxio, xantares ou compaña, como loitadores pola liberdade e merecentes de homenaxe.
  • A nosa vontade de fixar na Galiza a data do 27 de setembro de cada ano como Día de Homenaxe Nacional á Guerrilla Antifranquista e á súa Loxística. Nesta data tivo lugar o asasinato do alcalde de Cabanas durante a república, Álvaro Puentes Antón (1940) e os últimos fusilamentos do franquismo (1975).
  • A nosa vontade de organizar diferentes actos de tributo e recoñecemento á guerrilla antifranquista na Galiza ao longo do ano 2023 e o chamamento ao conxunto do pobo galego, e á veciñanza de Cabanas en particular, a participar deles e da Homenaxe Nacional á Guerrilla Antifranquista e á súa Loxística, que terá lugar o sábado, 23 de setembro de 2023.
  • O convite ao conxunto do pobo galego a amosar o seu apoio ao presente manifesto, mediante a sinatura na web www.bng.gal.

 

En Cabanas, a 10 de xaneiro de 2023.

 

GRUPO PROMOTOR:

  • FRANCISCO MARTÍNEZ LÓPEZ “QUICO”, militante da Federación de Guerrillas León-Galiza e da II Agrupación do Exercito Guerrilleiro da Galiza. Único membro vivo das guerrillas galegas.
  • AFONSO EIRÉ LÓPEZ, xornalista e investigador.
  • BEATRIZ PARGA MASSO, familiar de Manolo Bello, militante comunista asasinado no 1946.
  • BIEITO IGLESIAS ARAÚXO, escritor e historiador.
  • CARLOS MÉIXOME QUINTEIRO, historiador.
  • CARLOS NUEVO CAL, cronista oficial de Viveiro e historiador.
  • DIONISIO PEREIRA GONZÁLEZ, economista e historiador.
  • ELISEO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, historiador.
  • HENRIQUE SANFIZ RAPOSO, xornalista.
  • LUPE MARTÍNEZ, historiadora.
  • MANUEL PÉREZ LORENZO, historiador.
  • MONTSE FAJARDO PÉREZ, escritora.
  • ODETTE MARTINEZ-MALER, historiadora.
  • XOSÉ ÁLVAREZ CASTRO, historiador.
  • XOSÉ CARBÓN ANCA, veciño de Cabanas e apoio da guerrilla.
  • XOSÉ RAMÓN ERMIDA MEILÁN, investigador.

 

Apoios:

  1. RAMÓN COIRA LUACES, Ourense (Galiza)
  2. ISIDRO RAJO PARGA, O Saviñao
  3. JACOBO GUIMERÁNS OTERO, Salceda de Caselas
  4. XOSÉ FERNANDO VARELA PARADA, Vilamarín
  5. PAULO LÓPEZ PÉREZ, Barcelona
  6. MANUEL LUACES FERNÁNDEZ , Monforte de Lemos
  7. ALEXANDRE LÓPEZ ROMERO, Corcubión 
  8. LUCÍA VECIÑO SOUTO, Santiago de Compostela
  9. XOSE LOIS GONZÁLEZ VAZQUEZ, ourense
  10. RAFAEL  MOUZO LAGO9, Corcubión
  11. PAULA IGLESIAS IGLESIAS, Ortigueira
  12. XOSE LOIS LADO MARTINEZ, Corcubión
  13. ANTÓNIO(TONINHO) MÍGUEZ RODRÍGUEZ , Celanova Ourense 
  14. BEATRIZ  REI GARCÍA , Padrón 
  15. FEFA  VILA NÚÑEZ, Laza (Ourense) e Madrid
  16. ALBERTO  ROMERO VARELA, Cubillos del sil
  17. IAGO ABALLE IGLESIAS , Nigrán 
  18. XOSÉ CASTRO RATÓN, VILAGARCIA DE AROUSA
  19. XOSE FERNÁNDEZ BALTAR, Ourense
  20. LORENZO  R.DACOSTA, Ponteareas 
  21. SUSO PRECEDO BARBEITO , Santiago de Compostela 
  22. CELTIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Santiago de Compostela
  23. MANUEL SANTOS LÓPEZ , A Coruña
  24. ADRIÁN  R. BRAVO, Vigo
  25. FIDEL DAVILA SOUTO, Vigo
  26. MIGUEL ANXO CONDE CASTROMAN , Catoira 
  27. XOSE ANTONIO VÁZQUEZ COBAS, Ribeira
  28. IAGO LORENZO SANTAMARÍA, Meaño
  29. TINO IGLESIAS GARCÍA , MARÍN
  30. MERCEDES TOBIO, Ferrol
  31. FERNANDO MANUEL RIAL NOIA, Mazaricos
  32. XOSÉ MANUEL PAZO BLANCO, Ferrol
  33. XOSÉ ANTÓN  PEDREIRA MIRÀS , Compostela 
  34. CELSO XAVIER  MILLEIRO SÁNCHEZ , Marín 
  35. XOSÉ LOIS ROMERO FALQUE, VIGO
  36. RAÚL SABÍN FERNÁNDEZ , Vilaboa
  37. ANXO  OUJO, Corrubedo 
  38. DIEGO DOURADO ROMEU, OURENSE
  39. XAIME LIS  CORRAL, Vigo 
  40. XOSÉ LOIS VARELA PIÑEIRO, Lugo
  41. MANU GARCIA, Muros
  42. MANUEL  RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ , A Coruña 
  43. MANUEL RODIÑO FERNANDEZ, Teo
  44. ALBA ORTEGA DAVID, Rivela
  45. MIGUEL RIOS TORRE, Santiago de Compostela
  46. DARIO IGLESIAS FEAL, Sada
  47. XOSÉ LUIS FERNÁNDEZ RIVERA, Lourenzá
  48. EDUARDO GONZALEZ SUAREZ, Euskal Herria
  49. BIEITO LOBEIRA DOMÍNGUEZ, Compostela
  50. JUAN GALÁN, Ares
  51. MANUEL ÁNGEL DOMÍNGUEZ PÉREZ, A ESTRADA
  52. LOLA LOPEZ CAION, Friol
  53. FRANCISCO A. FREIRE MANDAIO, A Coruña
  54. CELSO POSADA FERNÁNDEZ, FERROL
  55. RUBÉN CELA DÍAZ, Ames
  56. BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ, O Seixo (Mugardos) 
  57. RAFAEL  IGLESIAS BLANCO , Lalín 
  58. HIXINIO  ARAÚJO FEIJÓO, Celanova 
  59. ROSARIO  REGUEIRA CEREIJO, Lugo
  60. MIGUEL  ROIG VARELA, Lugo
  61. GONZALO GARCÍA PEREIRA, Vilalba
  62. ANTON VILLAR, guitiriz
  63. MANUEL  AGRA SÁNCHEZ , O Barco de Valdeorras
  64. ANTÓN MASCATO, O Grove
  65. ALBERTE BRANCO RODRÍGUEZ, Vigo
  66. OSCAR ANTÓN PÉREZ GARCÍA, Teo
  67. OLAIA LEDO DÍAZ, Narón
  68. XOÁN XOSÉ LORENZO LOURIDO , Ferrol 
  69. MANUEL RODRÍGUEZ DOVAL, Ares
  70. TOMÁS MALVÁREZ, Pontevedra
  71. PEDRO DOMINGUEZ VILAR, ARES
  72. ANA RIVEIRA ROCA , Ares
  73. MARTA GÓMEZ MARTÍN, Pontevedra
  74. CARMELA FRANCO CAAVEIRO, As Pontes
  75. PILAR  LOZANO YÁÑEZ, Ferrol
  76. MARCOS  SÁNCHEZ BRANCO , Narón 
  77. INÁCIO PAVÓN BARBAGELATA, Ames
  78. M.ANDRES GARCÍACARTELLE GARCÍA CARTELLE, Ares
  79. RUBÉN REY PARÍS, Ares
  80. ANA RIVEIRA ROCA , Ares
  81. GERMÁN TORRES CANAY, VILAGARCÍA DE AROUSA
  82. MIGUEL ANJO GONZALEZ GARCIA, Ferrol
  83. MARÍA BEATRIZ GÓMEZ AMIGO, A Coruña
  84. CARLOS CIMADEVILA ÁLVAREZ, Santiago de Compostela
  85. BREIXO LOUSADA VALDÉS, Sada
  86. TERO RODRÍGUEZ CASTIÑEIRAS, Rianxo
  87. XOSÉ FIGUEROA LOURENZANA, Chantada
  88. FRANÇOIS GARCÍA, Moimenta da Beira, Portugal
  89. FERNANDO FRANCÉS VALIÑO, Fene
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG