Tereixa Paz pide a resposición dos postos de traballo da empresa pública Tragsa

A deputada reclamou que se cumpra a declaración institucional aprobada, onte por unanimidade no Parlamento galego, para instar á Xunta a dirixirse ao Goberno de España para solicitar a reincorporación dos 75 traballadores e traballadoras da empresa afectados polo ERE do grupo de empresas TRAGSA na nosa comunidade

Intervención de Tereixa Paz

Pleno.- A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz lembrou que onte mesmo, no Parlamento galego foi aprobada unha declaración institucional, por unanimidade, co fin de instar ao Goberno do Estado a solicitar a reincorporación dos 75 traballadores e traballadoras de TRAGSA afectados polo ERE e a entablecer o antes posible as negociacións cos representantes dos traballadores.

O ERE, explicou a nacionalista afecta a traballadores esenciais para servizos da Xunta e tamén aos servizos de emerxencias polo que volveu a preguntar ao conselleiro de Traballo, Francisco Conde, que pensa facer o Goberno galego para readmitir aos traballadores e traballadoras do grupo TRAGSA en Galiza.

O conselleiro de Traballo asegurou que xa tiveron lugar, tanto en Galiza como en Madrid diversas xuntanzas co fin de revisar a situación dos traballadores e traballadoras co fin de posibilitar a súa readmisión. Conde afirmou que o ERE de Tragsa é axustado a dereito pero aínda contamos,dixo, “coa a vía de diálogo para acadar unha solución” e defender os intereses dos traballadores, pero sempre “con responsabilidade”.

Tereixa Paz pide a conselleiro que faga presión ante os directivos de Tragsa co aval de 40 M€ en contratos da empresa coa Xunta

Tereixa Paz

Na réplica, a parlamentaria afirmou que a sentencia do Tribunal Supremo só declara que o ERE é axustado a dereito pero non anima a súa execución. As situación económica da empresa dende o ano 2013, momento do ERE, cambiou substancialmente cunha produción en Galiza de 40 M€ que devén na súa integridade de encomendas de xestión contratada pola Xunta de Galiza e que afectan a servizos públicos polo que recomendou ao conselleiro elaborar un dossier de todas as encomendas de xestión de todas as consellerías con Tragsa “para negociar cos directivos da empresa e facer presión”, non vale ir alí a pedir que readmitan aos traballadores, acudan a esa xuntanza “co peso e autoridade dos contratos da Xunta por máis de 40 millóns de euros con esa empresa pública”.

A parlamentaria tamén lembrou que no suposto de que TRAGSA non cumpra os prazos dalgunhas encomendas para xustificar fondos FEADER provocando que a Xunta non poda cobrar os fondos, “haberá que facer unha reclamación patrimonial”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG