Tereixa Paz acusa a Medio Rural de "incapacidade" para xestionar as axudas da PAC

A deputada afirmou que a decisión tomada pola consellería de excluír das axudas da PAC as parcelas con menos de tres hectáreas é negativa para as preto de 100.000 explotacións de gandería en extensivo nas zonas de montaña en Galiza

Tereixa Paz

Pleno.- A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz acusou hoxe á conselleira de Medio Rural, Anxeles Vázquez de “incapacidade para xestionar” ao decidir a exclusión das axudas da PAC ás parcelas de menos de 0,3, hectáreas dedicadas a gandería en extensivo. Con esta decisión, a Xunta outorga “valor cero” a esas parcelas dedicadas ao pastoreo de cabrún e ovino.

 Tras a resposta da conselleira que afirmou que no pago básico a incidencia desta medida será irrelevante, a nacionalista replicou que non pode atreverse a afirmar, sobre todo diante dos gandeiros, que as axudas medioambientais están vinculadas ás cargas gandeiras porque vostede retira as axudas ás parcelas de menos de 3.000 metros cadrados que contabilizaban a efectos de cumprir cos requisitos de carga gandeira.

 A parlamentaria salientou que existen problemas de pagos en moitas superficies deste tipo e pon de manifesto que o FOGA tampouco ten esa capacidade desde que vostedes decidiron que o traballo podía seguir facéndose sen funcionarios, empregados públicos e técnicos do medio rural e por non contar con este persoal para comprobar os requisitos da PAC, “vostedes deciden excluílos antes de realizar algunha xestión” que resolva o problema dos afectados.

A deputada preguntou á conselleira de Medio Rural porqué En Andalucía e Castela-León non se aplicou esta medida a pesar de contar coa mesma normativa europea. O Partido popular é “experto en perder fondos europeos” procedentes da PAC, desbotaron 60 millóns de euros o ano pasado e agora non sabemos canto está disposta a perder neste novo período, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG