Rodas acusa a Rosa Quintana de tentar enganar ao sector do mexillón

O deputado do BNG, Daniel Rodas denunciou que se está a envasar “chorito”, mexillón procedente de Chile, como mexillón galego

Daniel Rodas

O deputado do BNG, Daniel Rodas formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre o cumprimento da lei na etiquetaxe do mexillón galego tras unha recente sentenza que ratifica a vulneración da legalidade marcada pola Denominación de Orixe Protexida (DOP).

Rodas explicou que a recente sentenza protexe o enlatado do mexillón baixo a denominación de orixe protexida pero enfronta a dous intereses e modelos ben diferentes, por unha banda, dixo, o do “oligopolio da conserva” que dende o ano 2007 substituíu o mexillón galego polo “chorito” mantendo os baixos prezos dende hai unha década aínda que o etiqueta como galego e por outra, os intereses do sector extractivo con 3.300 bateas e 12.000 persoas que viven directamente deste produto con prezos en fresco “por debaixo dos de hai unha década”.

A conselleira Rosa Quintana defendeu a etiquetaxe do mexillón galego e a súa DOP pero matizou que non representa máis do 14% da produción total.

O BNG acusa a Quintana de tentar enganar o sector do mexillón

Na réplica, Rodas acusou a titular da consellería do Mar de tentar enganar ao sector ao igual que fixo, afirmou o nacionalista, co anteproxecto de lei de Acuicultura, momento no que “mostrou a súa verdadeira faciana”.

Daniel Rodas

O deputado explicou que no ano 2007 determinados conserveiros marcharon a Chile para seren produtores de mexillón nese país. Hai un colectivo, afirmou que ten interese por blindar o seu modelo produtivo que non é outro que o mexillón na súa produción conte cun baixo prezo e que o produto en conserva sexa foráneo e vostede nesta materia, mantén “unha dobre moral”, por unha banda apoia a DOP e por outra di que non representa máis que o 14%.

A súa dobre posición é a que ven mantendo historicamente e que aboca ao sector a enfrontamentos e falta de criterio sobre o prezo. Vostede “minte” cando di “tolerancia cero” cando en realidade a maior parte do mexillóns transformado en Galiza, “non é galego”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG