O PP rexeita a proposta do BNG para elaborar un Plan galego de emprego feminino

A parlamentaria do BNG, Carme Adan propuxo hoxe, a través dunha Proposición non de lei, elaborar un Plan de emprego feminino e de corresponsabilidade e reclamar do Goberno do Estado medidas para favorecer a integración da muller no mercado laboral en condicións de igualdade.

Carme Adán

 Durante a defensa da proposta, a nacionalista lembrou que o 8 de marzo é unha data de reivindicación, con máis de cen anos, e que no seu momento as activistas buscaban mellorar o ámbito laboral ante a explotación das mulleres. Hoxe, explicou, atopámonos ante “unha banalización” das datas e o 8 de marzo as mulleres somos felicitadas a través das tendas ou os wassaps, “non queremos ser felicitadas”, dixo a deputada do BNG, o 8 de marzo é unha data para a reivindicación e contra as desigualdades que estruturan as nosas desigualdades.

O PP rexeita elaborar un plan que impulse o emprego feminino

Pola súa parte, a portavoz do Partido popular, Rosa Oubiña anunciou o voto en contra á iniciativa nacionalista por considerar que a Axenda 20 polo Emprego xa contempla un plan de emprego en feminino.

Precarización do emprego feminino

Na réplica, Carme Adán insistiu en que este ano, o 8 de marzo as reclamacións centráronse en que “todas as mulleres teñamos os mesmos dereitos, laborais, de conciliación, políticos, sexuais, reprodutivos que teñen os homes” e este ano traemos un debate á Cámara galega que non é novidoso pero si moi necesario, “a situación de conciliación de mulleres e homes en Galiza”. Os datos son clarificadores, recalcou, existe unha menor taxa de empregabilidade das mulleres que dos homes, maior taxa de desemprego das mulleres e fenda salarial, estes tres puntos mantéñense “invariábeis” ao longo dos anos e se analizamos os datos de paro feminino tiramos como conclusión que dende o ano 2009 perdéronse 53.000 empregos de mulleres a tempo completo e aumentaron en 15.000 os empregos a tempo parcial.

Carme Adán

As mulleres teñen cada vez un emprego “más precario” e a tempo parcial ao que debemos sumar as “tarefas do fogar en solitario”. A nacionalista tamén se referiu ao “fenómeno tesoiras” nas plantillas de catedráticos sendo menor o número de mulleres catedráticas cun reparto “asimétrico de xénero” ao igual que na lei de investigación coa ausencia de referencias a mulleres ou o programa “muller e ciencia” para impulsar a presenza das investigadoras, lei de emprendemento sen perspectiva de xénero que atenda os proxectos en femininos e por último temos a lei de economía social na que se repite o mesmo, polo tanto, traballo pola igualdade “un ritual”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG