Pontón recordalle á conselleira de Vivenda que hai 8 desafiuzamentos ao día en Galiza

A deputada pediu á conselleira que territorializar o anuncio de 31.000 postos de traballo a través de Vivenda e Infraestruturas porque “nin a propia memoria económica da Xunta prevé tal emprego en Galiza”

Ana Pontón

Sobre a comparecencia da conselleira, Pontón asegurou que “hai algo que non cadra” en relación co anuncio de Ethel Vázquez de crear 31.000 postos de traballo dende a súa consellería porque “nin a propia memoria da Xunta contempla tal previsión”.

Estamos ante uns orzamentos cun incremento, a respecto do ano anterior pero en materia de vivenda o Goberno castigou cun recorte do 75% dende o ano 2009 as políticas deste dereito fundamental, “pasando de máis de 210 millóns de euros a unha partida este ano de 51 millóns de euros”. A Xunta o único que fixo estes anos foi “moita propaganda e poucos resultados”.

Galiza rexistra oito desafiuzamentos ao día

A parlamentaria criticou o “triunfalismo” da comparecencia da conselleira, a pesar de saber dos dramas de “8 desafiuzamentos ao día en Galiza”.A propaganda que hoxe escoitamos e unha grande “mentira e engano”, con esta realidade, dixo, a conselleira non pode presumir de éxitos polo que preguntou cantas vivendas públicas foron construídas e cantas respostas deron as persoas desafiuzadas. “Nos seus orzamentos non vemos política social por ningún lado” remachou.

No programa aluguer tamén descenden os recursos, pasando dun 8,4 ao 6,1, “moita xente queda sen vivenda por non poder pagar o aluguer”, recalcou a deputada.4

O PP sempre votou en contra das leis para paralizar os desafiuzamentos, sen embargo, non escatimou esforzos para favorecer os interese das construtoras e a banca, neste sentido, non vemos ningún cambio real nas súas políticas e a súas medidas non van máis alá do “cosmético”, dixo Pontón.

Infraestruturas

Por outra parte, aludiu á Autovía do Morrazo prometida durante seis anos anunciando agora que farán tres quilómetros no corredor. Nós sempre apostamos pola autovía da Costa da Morte e o único que temos “é un cachiño de autovía, unha chapuza”.

A deputada tamén reprochou que o PP non aposte polo transporte público en Galiza, os datos publicados reflictan “a baixada de pasaxeiros” e onde está, preguntou a partida do Plan de seguridade viaria porque “non o atopamos” como tampouco os estudos dos metros lixeiros de Santiago e Vigo.

A consellería incumpre a lei de transparencia

Ana Pontón recordoulle a Ethel Vázquez que a consellería que dirixe non cumpre a Lei de transparencia en relación a obriga de publicar as retribucións públicas das persoas que integran o seu gabinete, 240.000 euros previstos para gastos nas retribucións e só aparecen dúas persoas, imaxino, dixo a deputada , “que non terán un salario de 120.000 euros”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG