Pontón pide ao goberno que cumpra a lei e trate con "dignidade" o galego

A deputada, Ana Pontón lembrou que o Comité de Expertos da Cámara europea das linguas Rexionais ou Minorizadas instou ao goberno de Núñez Feijóo a “mudar as súas políticas” e o consello de Europa sumase ás voces plurais que reclaman en Galiza un novo decretoAna e Cosme 2

A parlamentaria do BNG, Ana Pontón formulou hoxe unha pregunta na comisión de Educación sobre as actuacións da Xunta para dar cumprimento as recomendacións do Comité de Expertos da Cámara europea das linguas Rexionais ou Minorizadas para a normalización do idioma galego.

A deputada lembrou que o Comité de Expertos da Cámara europea instou ao goberno de Núñez Feijóo a “mudar as súas políticas” contrarias ao disposto neste marco normativo. O consello de Europa sumase, así, dixo Pontón, ás voces plurais que reclaman en Galiza un novo decreto. A maiores, o informe do comité europeo chama a atención sobre os problemas para utilizar o galego na xustiza e na administración coa a inexistencia de impresos e documentación en galego así como o peche dun terzo dos Servizos de Normalización Lingüística nos concellos.

Pontón critica a xestión da secretaria Xeral de Política Lingüística

A parlamentaria criticou a “nula actuación” da secretaría de Política Lingüística para impulsar o galego mesmo, dixo, “cando son denunciados casos de discriminación”, polo que volveu a preguntar se o Goberno vai elaborar outro decreto.

Pola súa parte, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín González manifestou que o informe préstase a diversas interpretacións e as recomendacións animan á Xunta a velar polo uso trilingüe. No informe, dixo hai apartados “moi cuestionables”. Valentín González eludiu responder á pregunta sobre a derrogación do decreto do galego formulada pola nacionalista.

A parlamentaria lamentou a intervención do secretario xeral ao que acusou de “ampararse nunha política que vai en contra da lingua galega” e de “tomarlle o pelo” aos grupos da oposición no Parlamento galego.

Na súa intervención, Pontón leu un apartado do informe para constatar que o “o decreto entra en contradición cos compromisos escollidos polas autoridades dacordo coa carta e por iso o Consello de Europa insta a que se impulse o galego na educación e lembra que os compromisos adquiridos no Tratado internacional continúan sen cumprirse en preescolar, primaria e secundaria”.Ana e Cosme 1

Asemade, Pontón tamén leu o comunicado da Real Academia Galega no que se facía eco da preocupación do Consello de Europa pola redución gradual do galego no ensino en Galicia, “unha advertencia que concorda coa posición da RAG contra o decreto 79/2010”. O informe, abondou a deputada, “identifica problemas importantes na redución do galego no ensino como consecuencia do devandito decreto, unha norma que entra en clara contradición cos compromisos das autoridades ao asinaren a carta europea de linguas rexionais e minorizadas”.

Ana Pontón concluíu afirmando que o secretario xeral “sitúase fora” dos principios da carta e o Partido popular segue cercenando “o mínimo proceso de normalización lingüística”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG