Pontón: “ A chapuza do Goberno deixa no limbo 129 concesións de transporte público"

A deputada do BNG, Ana Pontón formulou unha pregunta ao Goberno sobre a anulación, por parte do Tribunal Supremo, de 129 concesións de transporte público prorrogadas pola Xunta por un período de dez anos

Ana Pontón

Pleno.- A parlamentaria do BNG, Ana Pontón formulou hoxe unha pregunta sobre a decisión do Tribunal Supremo de anular 129 concesións de transporte público prorrogadas pola Xunta por un período de dez anos e culpabilizou á Xunta de “chapuza” e deixar “no limbo” a 129 concesións.

 A deputada explicou que o pasado 14 de marzo de 2016 dábase a coñecer a sentenza do Tribunal Supremo que anula, non unha Lei,dixo, senón unha resolución da Dirección xeral de Mobilidade da Xunta pola que era aprobado o plan de modernización das concesións do transporte público regular e que consistía na “prorroga por 10 anos” de 129 concesións de transporte público. A nacionalista afirmou que a sentenza constata “ unha responsabilidade directa da Xunta que non pode eludir”.

A sentenza dálle a razón ao BNG

A sentencia, engadiu, a parlamentaria crea “inseguridade xurídica”, deixa no limbo 129 concesións e pon de relevo que o PP é “un goberno incompetente e incapaz de dar seguridade xurídica coa lexislación que aproba”.

Para a deputada, a sentencia “dálle a razón ao BNG” que no debate da lei que deu orixe a resolución xa criticou ao Goberno por “actuar de maneira irresponsable e a sabendas que enganaba ao sector do transporte” e cunha saída “ilegal”.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez respondeu á nacionalista que o goberno galego prorrogou as concesión cumprindo a lei e a normativa europea e confiou en que a sentenza non supoña un “atranco” para modernizar o sector do transporte.

Na réplica a deputada asegurou que o goberno contaba con meses suficientes para resolver o problema pero dende o ano 2009 ata o 2016 “non dixo nada” por modernizar o transporte en Galiza. A deputada lembrou que a sentenza “é firme e o Goberno ten obriga de acatala”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG