Montse Prado denuncia "o ninguneo" informativo do concello de Pontevedra na TVG

Montse Prado denuncia "o ninguneo" informativo do concello de Pontevedra na TVG

O deputada  aludiu ao “acordo plenario” do concello de Pontevedra para reclamar unha información “plural e veraz” dos protagonistas e actividade política

Intervención de Montse Prado no Parlamento

A deputada Montse Prado formulou hoxe unha pregunta na comisión de control da CRTVG relativa ao tratamento informativo da TVG sobre o concello de Pontevedra que cualificou de “partidista e manipulador”.

Na súa intervención, lembrou que a finais de 2010 a TVG pechou varias delegacións territoriais, entre elas a de Pontevedra na que traballaban 25 profesionais dos que 12 foron despedidos e 13 trasladados á cidade de Vigo.

Esta medida, dixo, converteu a Pontevedra na “única capital de provincia” sen delegación da TVG o que provocou unha importante “merma da cantidade e calidade da cobertura informativa” institucional, política, social, económica e cultural da cidade e comarca.

A deputada preguntou ao director Xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo que actuacións emprendeu o ente público tras recibir o acordo plenario mencionado.

Pola súa parte, o titular da CRTVG respondeu que respecta as opinións da nacionalista pero que non tomará ningunha medida máis que as recollidas na carta enviada ao concello de Pontevedra porque que o “déficit informativo do concello ” está ponderado co resto da provincia.

Na quenda de réplica, Prado denunciou o “ninguneo” das actividades municipais, e remarcou que cando sae algunha é “disfrazada de prensa rosa”. Asemade, dixo, se está a producir unha falta “sistemática” de entrevistas ao “alcalde de Pontevedra e os concelleiros/as”.

A manifestación do Sergas na que participaron miles de persoas tampouco mereceu “interese informativo” para a TVG. A deputada remarcou nomeou máis exemplos dos que non se informou na TVG entre os que destacou: os premios e recoñecemento concedidos por entidades europeas e do Estado español ao concello polo seu labor urbanístico e de recuperación.

 

 

Montse Prado denuncia "o ninguneo" informativo do concello de Pontevedra na TVG