Montse Prado denuncia manipulación na TVG e presións aos [email protected]

Montse Prado denuncia manipulación na TVG e presións aos [email protected]

A nacionalista criticou que unha manifestación multitudinaria en Compostela de persoas afectadas “pola estafa” das preferentes non ocupara un lugar destacado na información do medio público

A deputada do BNG, Montse Prado denunciou hoxe, na Comisión de control da Compañía de RTVG, a”manipulación” informativa da TVG na cobertura da manifestación multitudinaria de afectados e afectadas polas participacións preferentes do pasado 2 de Febreiro en Compostela.

Prado criticou que a TVG responda aos intereses do partido do Goberno e “secundarice” informacións que afectan a miles de galegos e galegas como aconteceu no Telexornal  da TVG do pasado día 2 de febreiro.

A deputada asegurou que a cobertura informativa dese día careceu “do tratamento, lugar e tempo” que merecía unha convocatoria que congregou en Santiago a miles de [email protected] para protestar contra “fraude” das preferentes.

A parlamentaria manifestou que a TVG, como medio de titularidade pública, “pagada por todos os galegos e galegas” debe informar con imparcialidade da “maior estafa” dos bancos a un colectivo de persoas que tras unha vida de traballo teñen secuestrados os seus aforros.

“Vostedes, dixo, non respectan a pluralidade e minimizan a realidade de Galiza segundo lle conveña ao Partido popular”.

Presións de directivos da TVG sobre @s [email protected]

Na mesma comisión, a deputada nacionalista formulou outra pregunta ao Director xeral da Compañía da RTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo sobre un comunicado do propio Comité de Empresa no que os representantes dos traballadores/as da TVG fanse eco das denuncias de manipulación e presións dalgúns directivos sobre os profesionais.

Nesta liña, indicou que “non é a primeira vez que os traballadores da RTVG fan públicas as súas protestas por manipulación e presións”.

Trala resposta de Sánchez Izquierdo que restou importancia ao comunicado e mesmo convidou aos traballadores a non facer públicas as súas queixas, a nacionalista lamentou que o Director xeral da CRTVG se negara a abrir unha investigación sobre as presións de certos directivos sobre os traballadores e asumira que “deben sufrir en silencio as presións e non denunciar a manipulación informativa para non dar unha mala imaxe da TVG”.

Para a parlamentaria, lonxe de investigar o acontecido, todo indica que “Sánchez Izquierdo asume estas presións e a manipulación, nestes medios públicos”.

A información que transmite a RTVG, dixo, non se corresponde coa situación de “crise abafante que está a padecer Galiza” e vostedes, engadiu, seguen tratando de ocultala.

Tratamento diferenciado cos casos de corrupción do PP

A deputada do BNG asegurou que o tratamento informativo do gran número de casos de corrupción detectados dentro do Partido popular e concretamente no concello de Santiago, “ é moi diferente” á cobertura do BNG no pasado, sobre as súas divisións internas.

Neste sentido, Prado criticou que a TVG “minorice a corrupción do Partido popular” e magnifique as diferenzas internas doutros partidos.

 

 

 

 

Montse Prado denuncia manipulación na TVG e presións aos [email protected]