Guindos admite que as preferentes foron un engano e Jorquera ínstao a que vaia á Fiscalía

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, instou ao Ministro de Economía, Luis De Guindos, a actuar ante a Fiscalía polo escándalo das preferentes.

Na sesión plenaria de hoxe, o Ministro de Economía admitiu que a cuestión das participacións preferentes "foi un engano aos aforradores". Esta afirmación levou a Francisco Jorquera a emprazar ao Ministro a actuar ante a Fiscalía. "Con esta manifestación vosté está admitindo a comisión dun delito, se se enganou aos aforradores daquela actúen ante a Fiscalía do Estado".

Con este decreto pérdese unha ocasión de resolver o corralito das preferentes

Jorquera interveu no Pleno con motivo do debate do Decreto sobre saneamento e venda dos activos inmobiliarios do sector financeiro. O portavoz do BNG criticou o decreto e deixou claro o voto en contra do BNG, que, ademáis "desaproveita a ocasión para resolver o problema do corralito das preferentes". O decreto non soluciona tampouco este problema.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG