O director da CRTVG responde ao BNG que carece dos datos sobre infracotizacións nas nóminas

A deputada do BNG, Montse Prado acusou a Sánchez Izquierdo de “falta de respecto” ao Parlamento galego por non responder ás preguntas formuladas sobre o número de persoas afectadas e a contía das infracotizacións á Seguridade Social nas nóminas

Montse Prado

A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta ao director xeral da CRTVG relativa aos datos sobre as infracotizacións á Seguridade Social nas nóminas dos traballadores e traballadoras do ente na Comisión de Control da Corporacións da RTVG.

Tras a intervención de Sánchez Izquierdo quen afirmou carecer dos datos requiridos, a parlamentaria lamentou que, unha vez máis, o director xeral “tome a broma” a Comisión de control da CRTVG e non responda as cuestións formuladas.

A deputada lembrou que Sánchez Izquierdo compareceu no mes de outubro e cualificou a cantidade como “ insignificante e unha cuestión menor” pero resulta, dixo, que existe un requirimento da Inspección de Traballo que di o contrario porque as infracotizacións afectan a todos os traballadores e traballadoras, agás os que conten cunha cotización superior. Ademais, engadiu, deben ser incluídos tamén os derivados por sentenzas por cesión ilegal. Naquel momento, vostede mesmo cuantificou nun 1.600.000 euros a débeda pero hoxe debemos engadir 600.000 euros polo recargo, a vostede, preguntou, estas cantidades seguen parecéndolle “unha cuestión menor?.

Montse Prado en comisión

Para a deputada, Sánchez Izquierdo “non toma en serio” a comisión parlamentaria e mesmo tras asinar unha acta comprometéndose a realizar o ingreso nun mes, ven ao Parlamento para dicirnos que aínda non conta coa informacións sobre a cantas persoas afecta esta irregularidade e en que contía. Agardo, dixo a deputada, que dentro dun mes e “por vontade propia” compareza para darnos os datos aos que hoxe non temos acceso por que sen non é a así , teremos que indagar o esperar á filtración dun documento para acadar a información que hoxe lle pedimos e que vostede nega a darnos.

A parlamentaria pediu ao director da CRTVG “que faga ben as cousas” para que esta situación poda resolverse. Se non houbera unha denuncia e unha inspección de traballo e un requirimento sobre “a fraude” estaríamos ante un litixio que vostede paralizou co compromiso de ingresar as cantidades o día 1 de abril,e ante ese compromiso non se formula “acta de infracción” pero a infracción, recalcou, existe e foi tipificada como “grave”, non negue o que está escrito. Vostede ten a obriga legal de vir a esta comisión a dar a información que se lle pide e non o está a facer, concluíu a deputada do BNG.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG