Cosme Pombo: " É máis barato ir en tren de Lugo a Madrid que de Lugo a Compostela"

O deputado do BNG, Cosme Pombo responsabilizou ao goberno do Estado da eliminación dos servizos ferroviarios en Galiza e reclamou os servizos de cercanías que existen noutras partes do Estado

Cosme Pombo

A parlamentaria do BNG,Cosme Pombo formulou hoxe unha pregunta ao goberno na comisión de Ordenación territorial relativa “a marxinación” de Lugo en materia de conexións ferroviarias cuns servizos “iguais ou peores que hai 100 anos”. O parlamentario reclamou conexións “dignas e modernas” para unha provincia cercana aos 350.000 habitantes.

Pola súa parte, a directora Xeral de Mobilidade, Elena de Lucas afirmou que o AVE chegará a Galiza no ano 2018 e amosou a súa satisfacción polos avances ferroviarios experimentados en Galiza nos últimos anos. De Lucas considerou que non existe a discriminación manifestada polo deputado porque foron incrementadas as liñas entre Lugo e Madrid así como a frecuencia de enlaces con Ourense para permitir unha maior conexión con Madrid. Sobre os servizos de media distancia afirmou que son deficitarios pero “sostéñense con cartos públicos”.

O billete de tren entre Lugo e Madrid custa 21,90 euros, o billete Lugo-Santiago de Compostela, 22 euros

Na réplica, o parlamentario lamentou que a responsable da Xunta non anunciara unha reclamación ao Goberno do Estado para modernizar a rede ferroviaria en Galiza. O AVE, explicou Cosme Pombo, ía chegar no ano 2006, “despois no 2010, máis tarde no 2012, co Pacto do Obradoiro no 2015 e parece que finalmente chegará no 2018”. Da estación intermodal de Lugo na que conflúan ferrocarril, autobús, acesos a portos e aeroportos, para cando, preguntou.

Cosme Pombo na Comisión de Sanidade

Nunha provincia de preto de 350.000 habitantes,engadiu o nacionalista, constatamos que para ir de Lugo a Coruña en coche lévanos unha hora e no tren fan falta tres horas, de Lugo a Ourense en coche, unha hora e en tren mínimo unha hora e cincuenta en catro minutos, agora ben, para ir a Madrid dende Lugo, 500 Qm, seis horas corenta minutos e con tarifas de 21,90, sen embargo o billete de Lugo a Santiago con cento e poucos QM o billete custa 22 euros, “é máis caro o billete Lugo-Monforte-Ourense-Santiago que Lugo-Madrid”, esta é a realidade, recalcou o parlamentario do BNG.

Finalmente, Cosme Pombo preguntou a directora Xeral de Mobilidade polas previsións da Xunta sobre a intermodalidade en Lugo, os accesos a estación, as obras para a estación terminal para mercadorías do Polígono das Gándaras, o porto seco de Monforte, os accesos do FEVE cunha nova vía e “para cando unha liña directa entre Lugo e Santiago?

O deputado concluíu preguntando polos prazos para eliminar os pasos de niveis e a variante de Monforte para todas as persoas que traballan o estudan en Ourense, Santiago ou Coruña. Hoxe ten vostede a oportunidade de dicirlle a todas esas persoas a oferta que teñen de trens e “o rápidos e baratos que son”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG