Carme Adán: "O concurso eólico de Feijóo foi un fracaso"

Carme Adán

A deputada lamentou que o Partido popular non aceptara nin tan sequera publicar a previsión sobre o actual concurso eólico

Intervención da deputada, Carme Adán

A parlamentaria do BNG, propuña na Proposición non de lei, defendida hoxe na Comisión de Industria e Enerxía, facer pública a previsión plurianual do desenvolvemento do concurso eólico, das autorizacións e potencia que será instalada en Galiza e dos proxectos industriais asociados, con especial detalle para este ano.

Tras a intervención do portavoz do Partido popular, Pedro Arias que anunciou o voto en contra da petición da parlamentaria do BNG, Adán cualificou de “grande fracaso o concurso eólico de Feijóo” como demostra a última sentencia do Tribunal Supremo.

Por outra parte, a nacionalista afirmou que o o sector eólico perdeu nos últimos dez anos o “80% de emprego” polo que reiterou a necesidade de avaliar o actual concurso co fin de buscar unha saída a situación de “total parálise que vive o sector”.

Para a deputada, a crise no sector eólico obriga ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Industria a comparecer no Parlamento galego para dar conta do “fracaso” do que non seu día Feijóo tildou de “grande plan industrial para Galiza”.

Carme Adán

Carme Adán reiterou que o goberno bipartito apostaba pola participación pública nos plans industrias fronte o modelo de Núñez Fejóo cun “reparto para as empresas amigas”. A Xunta ten explicado a diferentes fontes xornalísticas que, segundo os últimos datos da comisión de seguimento, “todos os proxectos seguen adiante” con 1.939 megavatios que continúan en tramitación ao que a deputada replicou que poden “estar reflectidos nun papel pero na realidade, nada de nada”.

Adán concluíu a súa intervención pedindo responsabilidade ao goberno e afirmou que “non aprobar esta iniciativa é unha mostra de que non existen previsións de futuro para o sector eólico en Galiza”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG