O BNG propón un control para que non cheguen ao mercado centolas "faroles"

O deputado Daniel Rodas reclamou unha extracción regulada para alcanzar prezos acorde á calidade do produto e un control para que as centolas que non estean cheas non cheguen ao mercadomaxresdefault

 O parlamentario lamentou hoxe os votos en contra do Partido popular á Proposición non de lei nacionalista debatida na comisión de Pesca para instar á Xunta de Galiza a iniciar as xestións necesarias co fin de comercializar a centola a través dunha DOP ou IXP que garanta a súa procedencia e sobre todo a súa calidade e permitindo unha extracción regulada alcanzando prezos acorde á calidade do produto.

O parlamentario reiterou que a centola galega é “a mellor do mundo” pero nestas datas só unha pequena cantidade sae “chea” mentres que a maioría son “farois” pola falta de regulación na extracción e control.

Na defensa da proposta, Rodas explicou que nestas datas ábrese a campaña da centola comezando pola parte Sur e continuándoa pola zona dende Corrubedo a Estaca de Bares e nestes primeiros días os prezos flutúan entre os 14 euros “para unha pequena cantidade” de marisco e prezos de miseria para a maioría das capturas.

Daniel Rodas

Para o deputado a campaña “está mal planificada” porque inunda o mercado con especies de escaso valor alcanzando no mercado prezos que van de 16 euros a 4 e nalgúns casos a 2,5 euros.

O deputado explicou que chegado decembro comeza a entrar centola e despois da súa captura vaise acumulando e a diferenza radica entre “as que están cheas e as que son farol” polo que propuxo “un mínimo control” para que as centolas que non están cheas non cheguen ao mercado.Para o deputado, esta circunstancia só contribúe “a tirar os prezos ata 2,5 euros ou 4 euros a peza de centola”.

Pola súa parte, o portavoz do PP, José Manuel Balseiro anunciou o voto en contra á proposta do BNG por considerar que “non hai necesidade dunha denominación de orixe porque o produto xa está protexido”.

O nacionalista lamentou a resposta do PP e volveu reclamar “prezos razoables” para a centola nestas datas. En Vigo, dixo, hai dous barcos que traen centolas seleccionadas e “tíranse a eles” porque saben que ningunha “vai ser un farol” pero o 90 por cento non ten calidade suficiente e debemos tomar medidas para que a calidade sexa a mellor con prezos xustos.

O PP, dixo o parlamentario nacionalista , “é unha apisoadora sen capacidade para centralizar a venda da centola en catro lonxas e establecer un control para ofrecer un produto de calidade”. A centola galega, recalcou, é a mellor do mundo e debemos protexela.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG