O BNG pide investigar as denuncias de persoas presas no centro de Teixeiro

Tereixa Paz en comisión

A deputada do BNG, Tereixa Paz estendeu as vulneración dos dereitos fundamentais dos internos as cárceres de Bonxe e A Lama e pide unha investigación dos feitos denunciados

Tereixa Paz

A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz denunciou hoxe na Comisión de Xustiza e Interior o que cualificou de “vulneración dos dereitos fundamentais” de un interno que sufriu unha agresión no centro penitenciario de Teixeiro, por parte dun xefe de servizo e ate cinco funcionarios o día 6 de novembro en represalia polas protestas do módulo 15 o día 4 de novembro para reclamar mellores condicións no centro e na que se produciu a queima dun colchón

A deputada estendeu estas queixas aos centros penitenciarios de Bonxe e A Lama. A denuncia dos internos, dixo, céntrase na desatención médica e sanitaria mesmo de persoas con trastornos psiquiátricos diagnosticados.

Tereixa Paz explicou que nalgúns casos as persoas presas permanecen pechados na cela 21 horas e polas noites prodúcense dous ou tres recontos que perturban o seu descanso. Por outra parte, lembrou que dende o Parlamento unha deputada despois de recoller as denuncias de Esculca mostrou a súa intención de visitar o centro de Teixeiro para comprobar a situación das persoas presas, “petición que foi denegada”.

Comisión de Xustiza e Interior

As denuncias dixo, refírense o estado dos centros e o trato aos internos. A proposición non de lei nacionalista, dixo Tereixa Paz redunda nas denuncias de “trato inadecuado” das persoas presas e concretamente no centro de Lugo acumúlanse máis dunha ducia de denuncias por diferentes actuación e que están sometidos a investigación, varios por desatención sanitaria e malos tratos.

Estariamos ante a vulneración da integridade recollido no artigo 10 e o dereito á integridade física que recolle o artigo 15 e así como o carácter rehabilitador e reinserción das penas recollido tamén no artigo 25 da Constitución.

 A parlamentaria reclama na proposición non de lei, investigar os feitos denunciados e que se establezan actuacións medios humanos e materiais necesarios para garantir a atención social, sanitaria e ocupacional dos internos co obxectivo da súa reinserción.

 O PP amosou a súa intención de votar en contra da iniciativa parlamentaria do BNG por considerar que a situación descrita pola deputada non se corresponde coa realidade dos cárceres galegos e anunciou que lle remitirán a Proposición non de lei aos funcionarios.

Tereixa Paz replicou que o PP pode “ir un a un a entregarlle a iniciativa aos funcionarios” porque está publicada e reiterou que o BNG pide unha investigación dos feitos.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG