O BNG pide ao Goberno que prohiba etiquetar como galego o mexillón foráneo

Daniel Rodas

O deputado do BNG, Daniel Rodas asegurou que hai que defender ás persoas consumidoras para que non merquen “chorito” crendo que é mexillón galego

Intervención de Daniel Rodas na comisión de Pesca

A reclamación do BNG instando á Xunta a facer cumprir a sentenza que prohibe a etiquetaxe de mexillón galego coa denominación “Rías Gallegas, “envasado en Galiza” cando o produto é foráneo, non prosperou ao votar en contra o grupo maioritario do Partido popular.

Na súa intervención, o nacionalista, a través dunha proposición non de lei, reclamaba do Goberno galego “respectar a sentenza” pola que declara a práctica de “competencia desleal” na etiquetaxe do mexillóns como produto galego, cando en realidade, dixo, é “chorito”, mexillón producido en chile.

O parlamentario aludiu ao director xeral, Juan Manuel Maneiro que nunha anterior iniciativa defendida polo PP, na mesma comisión de Pesca, minusvalorou a sentenza e amparouse en escusas para defender que o 75% do sector produce tan galego como a da Denominación de produto protexido, DOP, e afirmando que a Xunta, “nunca permitiu a etiquetaxe fraudulenta”.

Pola súa parte, Rodas asegurou que os datos dos anos 2014-1015 constatan que foron emitidas 41 actas das que só existe “un expediente sancionador”.

Daniel Rodas

O deputado do BNG lamentou, que unha vez máis, o Partido popular defenda os intereses “dunhas poucas empresas”, as mesmas que controlan as maiores empresas de transformado de chorito en Chile, fronte os intereses da “inmensa maioría do sector e sometido a prezos inferiores aos de hai unha década”.

O nacionalista anunciou que o BNG seguirá “defendendo os intereses do sector fronte á titular da consellería do Mar cando afirma acatar a sentenza pero engade que a DOP non representa máis que o 14% da produción, a sentenza non senta xurisprudencia e Bruxelas exclúe o mexillón transformado”.

O deputado concluíu esixindo o cumprimento da sentenza, a prohibición da etiquetaxe con denominación, Rías gallegas ou producido en Galiza, “fora do ámbito da DOP”, e apoiar ao Consello Regulador para que sexa referencia e “maioritario no sector”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG