O BNG leva ao Pleno do Congreso que os estafados polas preferentes recuperen todos os aforros

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou hoxe unha emenda a debater no Pleno sobre o problema da estafa das participacións preferentes.

Davila demanda ao Goberno que se impulse un mecanismo que garanta que no primeiro semestre desde ano 2013 se devolvan íntegramente os aforros ás persoas estafadas polos productos tóxicos financeiros: as participacións preferentes ou subordinadas.

Ademáis, pide a portavoz do BNG que se deixen en suspenso as faculdades do FROB estabelecidas no Real Decreto Lei 24/2012 que poidan supór a asunción de perdas de parto dos aforradores que sexan titulares de participacións preferentes ou subordinadas.

Por último, quer que se suspenda o procedemento de arbitraxe de participacións preferentes anunciado en entidades de créditos nacionalizadas ou en vía de selo.

A sesión plenaria desta tarde debatirá unha moción do grupo socialista sobre as participacións preferentes á que Davila lle presentou a emenda que achegamos porque para o BNG “toda solución ao engano masivo das preferentes pasa pola recuperación do cen por cen dos aforros investidos”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG