O Aquarium da Coruña supera en vistitantes á Cidade da Cultura

A deputada do BNG, Ana Pontón formulou unha pregunta ao goberno sobre as expectativas para converter a Cidade da Cultura en referente internacional da cultura galega

Intervención de Ana Pontón

Pleno-.No transcurso da pregunta sobre as expectativas do goberno de converter a Cidade da Cultura nun referente internacional da cultura galega, a deputada do BNG afirmou que “o Acuario da Coruña supera en visitantes a Cidade da Cultura”.

A parlamentaria asegurou que a Cidade da Cultura rexistrou no ano 2012, 332.847 visitantes, en 2013, 138.400 e no ano 2015, 95.479 visitantes, cifras da propia Xunta de Galiza. Nós entendemos, dixo, que estes datos constatan “un fracaso absoluto” e non ten sentido “continuar dilapidando miles de recursos cando non existe ningún tipo de proxecto cultural”.

Pontón cualificou de “disparate” que a consellería de Cultura incremente “nun 30% os fondos á Cidade da Cultura”. Manter abertos eses eses edificios cústanos ao día máis de 25.000 euros, “unha cifra obscena” se temos en conta cal é a realidade social e da cultura deste país.

A deputada asegurou que na Cidade da Cultura non se produciu “ningunha acción” destinada a internacionalizar a cultura galega porque o WOMEX,explicou, non se inventa na Cidade da Cultura como afirmou o conselleiro na súa intervención, o WOMEX recalcou Pontón é unha feira pagada con recursos públicos e iso, “non é internacionalizar a cultura do noso país”.

A parlamentaria concluíu pedindo ao goberno que asuma “o fracaso” e deixe de “enterrar miles de euros nunha Cidade da Cultura que non repercute en nada positivo para o noso país”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG