Adán acusa ao goberno galego de "estar estancado" na loita contra a violencia de xénero

A deputada interpelou ao Goberno sobre a necesidade de modificar a lexislación estatal e autonómica co fin de acadar a prevención e “protección integral” contra a violencia de xénero.

Carme Adán

Pleno.- A parlamentaria do BNG, Carme Adán reclamou hoxe mellorar a lei de prevención de violencia de xénero a través da modificación da lexislación estatal e autonómica co fin de acadar a prevención e “protección integral” contra a violencia machista.

Na interpelación ao goberno, Adán pediu ao vicepresidente, Alfonso Rueda que “poña o seu departamento a traballar contra a violencia de xénero” e lembrou que nas comparecencias da Comisión de Igualdade as traballadoras sociais alertaron da “vitimización secundaria da violencia machista” polo que preguntou que mecanismos se puxeron en marcha para evitar esa vitimización ante os meses de retrasos para a primeira cita coas traballadoras sociais, problemas co plan de vivenda, demora de informes necesarios para atopar un posto de traballo e problemas coas axudas económicas como o salario da liberdade.

O PP, dende o ano 2009, non conta con novos programas ou liñas para loitar contra a violencia machista

A deputada criticou que dende o ano 2009, “apenas se avanzou na loita contra a violencia machista” e temos casos, desgraciadamente de abondo, que confirman esta afirmación. Existe un “grave problema de coordinación cando as mulleres presentan unha denuncia” e como responsábel de Xustiza, dixo, debería vostede ampliar os servizos, dende xuíces a equipos psicosociais. Vostede é o responsábel do IMELGA e a propia directora denunciou “a escaseza de traballadores e traballadoras” neste servizo.

Por outra parte, a deputada tamén reclamou a Rueda elaborar un informe e redobrar o equipo de traballadores/as dos xulgados de xénero en Galiza así como nos xulgados mixtos.DSC_0300

A denuncia ten un problema fundamental, explicou, porque carece de mecanismos sociais que permita que a denunciante estea acompañada psicoloxicamente e se sinta protexida polas forzas e corpos de seguridade. Este é un problema que reiteramos porque segue ocorrendo, por iso pedimos cambiar as leis para incluír ese carácter social e entender que é un “problema global”, non só penal.

Adán tamén insistiu na necesidade de facer prevención no ensino contra a violencia de xénero ao igual que nos centros de sanidade nos que se descoñecen os protocolos de violencia, e non é por culpa deles nin delas, é por “falta de formación do persoal nesta materia”.

 “Non houbo avances, estamos estancados estancadas” e o seu departamento é un exemplo, “ningún programa novo, nin recurso novo nin nova coordinación” na loita contra a violencia de xénero,concluíu a parlamentaria do BNG.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG