Cosme Pombo afirma que o Plan de Vivenda do PP non resolve os desafiuzamentos

O deputado Cosme Pombo asegurou que 307 M€ do novo plan Reha Vilta non garante o acceso a unha vivenda digna e responde a “nova campaña de publicidade do PP” ante a proximidade das eleccións

Cosme Pombo

Pleno.- O parlamentario do BNG, Cosme Pombo cualificou de “insuficiente” o Plan “Reha Vilta” de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso a vivenda presentado hoxe pola titular de Vivenda, Ethel Vázquez. O parlamentario as políticas de vivenda do Partido popular que permitiron que “10.000 familias quedaran na rúa”.

Na súa intervención, o nacionalista afirmou que o PP enterrou o primeiro plan de vivenda elaborado polo Goberno bipartito no que primaba o aspecto social, e este novo plan que presenta a conselleira de Vivenda,dixo, contén unha “publicidade de 307 millóns de euros de investimentos para seis anos”, 51 M€ cada ano cando “no período bipartito foron investidos no ano 2009, 165 M€”.

O nacionalista criticou que a Xunta co novo plan delegue nos consellos o acceso á vivenda, “renunciando as súas competencias” no fomento do aluguer. Por outra parte, referiuse tamén á rehabilitación da que dixo, co orzamento que presentan van ser reparados “40 ou 50 tellados de casas”.

Sobre os núcleos rurais, o deputado do BNG criticou o reparto de fondos para trinta mil núcleos que nos chegarán, na súa opinión, “nin a 66 euros por núcleo”, ese o plan que vostede nos presenta hoxe ao que sumou o “bono alugueiro” que tivo que ser aumentado porque resultaba totalmente insuficiente e con características “tan draconianas” que algunhas familias non podían acceder a el.

Intervención do deputado do BNG, Cosme Pombo

O parlamentario lembrou que durante dúas lexislaturas a Xunta de Galiza “non foi quen de facer unha norma para contar cun censo de vivendas”. Para o BNG, o plan presentado hoxe non é un verdadeiro plan de vivenda, “non é pensado para Galiza”. Vostedes consentiron dende o ano 2009 que máis de 10.000 familias galegas foran desafiuzadas, ese é o balance do Partido popular. Neste sentido, reiterou que o Plan Reha Vilta “non garante o dereito a unha vivenda digna” e desprotexe as persoas mentres a banca, foi rescatada con fondos públicos con 9.000 millóns de euros.

Existen leis no país vasco e Cataluña que obriga a un aumento do parque de vivenda pública e protexen ás persoas que non poden pagar o aluguer ou a luz, pero o goberno galego “nin lexisla nin defende os intereses de todos os galegos e galegas en materia de vivenda”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG