O BNG suspende de militancia e abre expedinte aos concelleiros de Catoira

A portavoz nacional explicou que “non imos avalar a situación deste concello nin ningún acordo tácito ou explícito co Partido Popular” e agarda que o PSOE rectifique o goberno en FENE

Ana Pontón tamén se referiu na rolda de prensa desta mañá á situación xerada no concello de Catoira. Pontón avanzou que o BNG procederá á suspensión de militancia e apertura dun expediente sancionador aos concelleiros implicados. A portavoz nacional explicou que “non imos avalar a situación deste concello nin ningún acordo tácito ou explícito co Partido Popular”. Estas son as medidas estatutarias que podemos aplicar e debemos responder “cos principios e a coherencia coa que nos presentamos ás eleccións, que son parte fundamental do noso ideario político”.

FENE, GOBERNO DO PP CO APOIO DO PSdG-PSOE CONTRA O CANDIDATO DO BNG

O pasado sábado na constitucións dos concellos, explicou Pontón, Fene foi o único concello de Galiza no que o Partido socialista decidiu “facer alcalde ao candidato do Partido Popular, en vez do candidato do BNG, Juventino Trigo”. En Fene existe unha maioría do PSOE, BNG e IU para impedir que o PP obtivera esta alcaldía. Os veciños e veciñas de Fene teñen que sentir unha sensación de “traizón” porque ningunha desas persoas pensaban que os seus votos servirían ao Partido socialista para que o alcalde de Fene fora do Partido Popular e non Juventino, o candidato do BNG.

Ante esta situación, a portavoz do BNG asegurou que aínda hai remedio si “a dirección do Partido socialista se pon a traballar para restituír o que votaron os veciños e veciñas de Fene”. Os votos ao Partido socialista, retirou, “non poden afortalar ao Partido Popular nin posibilitar que goberne nun concello tan importante como Fene”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG