GALEGAS 2016

O BNG presenta un "plan de choque" para recuperar Galiza da "desfeita de 7 anos de goberno de Feijóo

O BNG presenta un "plan de choque" para recuperar Galiza da "desfeita de 7 anos de goberno de Feijóo

Pontón avisa a Feijó que o Bloque non vai deixar que faga unha campaña “que furte” o debate aos [email protected] e defende que Galiza merece unha data propia para ir as urnas

As cabezas de lista presentan en Bonaval as principais medidas do proxecto político presenta para un goberno alternativo

A candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, xunto cos cabezas de lista provinciais, Xosé Luís Rivas, Mini, Olalla Rodil, Noa Presas e Luis Bará, presentaron en Bonaval as liñas do proxecto alternativo co que o Bloque concorre ás eleccións galegas, 33 medidas que constitúen un auténtico “plan de choque” para que Galiza deixe atrás a “desfeita” de sete anos de goberno de Feijóo.

“Condensan un proxecto de país alternativo que aposta pola modernización, polo progreso, polo benestar e pola igualdade porque somos un país con potencial en todos os ámbitos e non se xustifica ter as taxas de desemprego máis altas, a sangría da emigración e a desigualdade que padecemos”, explicou Pontón. “Feijóo déixanos un país tocado, e o BNG é a alternativa”, sintetizou, para todas as persoas que sintan “orgulloso do que somos como país”.

O BNG presenta un "plan de choque" para recuperar Galiza da "desfeita de 7 anos de goberno de Feijóo