Senado

BNG consegue que o Goberno admita que a zona de Sálvora non sexa “o punto máis axeitado” para o vertido de dragados e lodos

Á preguntas do BNG, o Secretario de Estado de Medio Ambiente sinala que o Goberno está “sendo especialmente escrupuloso” na análise do informe encargado por Portos do Estado e da Xunta de Galiza para “evitar problemas de carácter ambiental”

Carme da Silva sobre a zona de Sálvora: “Xa foi un punto de vertido que se clausurou. Resultado chamativo que o PP, en contra do acordo unánime do Parlamento de Galiza acadado en 2019, o poña como escusa para o dragado do Lérez, pendentes desde 2009. Os lodos do Lérez deben tratarse en terra”

A senadora do BNG advirte que as rías galegas non poden empregarse como vertedoiros: “a Ría de Arousa o que necesita é unha rexeneración. Está sendo Ameazada por Altri, pola Mina de Touro e agora ameazada por posíbeis verteduras de lodos”

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG