O BNG apoia as protestas deste venres pola tarde de Stop Desafiuzamentos

As diferentes plataformas de Stop Desafiuzamentos teñen convocada unha xornada de mobilizacións para este venres, 28 de decembro, para "loitar contra a lacra social dos desafiuzamentos e denunciar o desinterese do Goberno do estado por resolver a situación das familias afectadas". As concentracións e manifestacións realizaranse nas cidades galegas e Ribeira baixo o lema “Desafiuzar = asasinar”.

Coas protestas, Stop Desafiuzamentos quere denunciar a lexislación hipotecaria inxusta e abusiva que antepón os dereitos de lucro das entidades financeiras ao dereito fundamental á vivenda e esixir responsabilidades políticas e penais no conxunto da banca estatal, a paralización de todos os procesos de desafiuzamento, a dación en pago con efecto retroactivo e a creación dun parqué de alugueiro social das vivendas incautadas pola banca

Horarios e lugares das mobilizacións:

 - A Coruña: ás 19:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.

- Santiago de Compostela: ás 20:00 horas na Praza Roxa.

- Ferrol: ás 19:00 horas na Praza Amada García (a carón da Xunta).

- Ourense: ás 19:30 horas na oficina de Novagalicia Banco da Rúa do Paseo.

- Lugo: ás 20:00 horas na Praza Maior.

- Pontevedra: ás 20:30 horas (lugar por determinar).

- Ribeira: ás 20:00 horas diante do Concello.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG