O BNG apoia as concentracións convocadas por Stop Desafiuzamentos "Polo dereito á vivenda"

O BNG apoia as concentracións convocadas mañá, sábado 16 febreiro, por “Stop Desafiuzamentos” en sete localidades do noso país “Polo dereito á vivenda”. Haberá representación orgánica e institucional do BNG en todas ellas, en concreto, entre outros, en Santiago de Compostela estarán o portavoz parlamentar, Francisco Jorquera e a deputada e membro da Executiva Ana Pontón; na de Ourense, a deputada Tereixa Paz e o membro da Executiva Luís Seara; na de Cangas, a Secretaria de Organización, Montse Prado, e na de Lugo, o deputado Cosme Pombo.

O BNG presta todo o seu apoio ás accións desenvolvidas dende esta entidade en defensa das persoas que son desafiuzadas e así o demostra coa súa presenza nas súas mobilizacións. Asemade, dende o Bloque, ademais da presenza na rúa, continuamos cun intenso traballo nas institucións reclamando unha solución legal urxente para o drama social que supoñen os desafiuzamentos.

Dende o BNG animamos tamén a todos os galegos e galegas a apoiar estas concentracións como o vén facendo o Bloque Nacionalista Galego. As citas de mañá son as seguintes:

A Coruña, ás 12.00 horas, na praza de Lugo.

Vigo, ás 18.00 horas no Marco.

Cangas, ás 20.00 horas na praza do Concello.

Ferrol, ás 12.00 horas, diante do edificio da delegación da Xunta.

Ourense, ás 18.00 horas na Alameda.

Lugo, ás 18.00 horas, na praza Maior.

Santiago de Compostela, ás 18.00 horas, na praza Roxa.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG