O Bloque tamén pedirá o rescate do Álvaro Cunqueiro logo do “escándalo maiúsculo” que supuxo o sobrecusto de 470 M€ na construción privatizada do hospital
“O señor Rueda debe asumir as responsabilidades do Partido Popular por este sobreprezo e deixar de botar balóns fóra e enganar á cidadanía”, exixe

Acusa ao titular do Executivo de faltarlle ao respecto aos vigueses e ás viguesas cando critica a mobilización social que pide mellorar a sanidade
“O que lle molesta é saber que enfronte ten a toda unha área sanitaria, a Vigo e a súa comarca, que vai seguir defendendo a sanidade pública e con eles e elas, o BNG”, recalca