Protexer Galiza e as maiorías sociais ante as consecuencias da guerra

  • Control dos prezos - establecendo topes se for preciso - dos alimentos e das subministracións básicas para aliviar o custo de vida das familias e das PEMES.
  • Estabelecer topes ás hipotecas e dos alugueres para garantir o dereito a unha vivenda digna.
  • Prohibición dos desafiuzamentos sen alternativa habitacional para persoas vulnerables e garantía de mantemento das subministracións básicas.
  • Topar os prezos da gasolina e do gasóleo, incluído o de calefacción, e bonificacións aos combustíbeis para profesionais (transporte, agricultura, pesca ou maquinaria) - como xa se fixo en 2022 - para compensar os incrementos xa producidos.
  • Extremar o papel da CNMC ante os prezos abusivos dos combustíbeis, da electricidade ou do gas, en aplicación da lei de defensa da competencia, e actuación non só con carácter supervisor, senón tamén sancionador.
  • Protección dos sectores produtivos e industriais fronte ao impacto económico da guerra.
  • Plan específico para o sector agrogandeiro, polo incremento non só dos combustíbeis senón tamén dos insumos, en grande medida importados, e que se están a ver encarecidos polos incrementos nos custos de transporte.
  • Plan específico de apoio para o sector pesqueiro, altamente dependente dos combustíbeis, e vital na economía galega.
  • Plan de emerxencia para as micro-PEMES e persoas autónomas, que polas súas características de maior vulnerabilidade se van ver moi afectadas pola suba dos carburantes.
  • Paralizar a entrada en vigor do Mercosur, mais necesario do que nunca ante unha situación de crise e incerteza como a que se está a atravesar o sector primario.
  • Aplicación estrita da Lei da Cadea Alimentar para garantir prezos xustos na produción e evitar subas inxustificadas ao consumidor.
  • Impulso da soberanía alimentaria, reducindo a dependencia exterior en alimentos e insumos.
  • Reforma fiscal máis progresiva, aumentando a carga ás rendas máis altas e reforzando a protección social para persoas vulnerábeis.
  • Redución do IVE en alimentos e subministracións básicas.
  • Extremar o control ás grandes petroleiras que actúan no Estado español e estabelecer impostos ás grandes enerxéticas, á banca e ás grandes fortunas polos beneficios extraordinarios derivados da suba de prezos.
  • Estabelecer un fondo de compensación extraordinario para as Administracións locais e autonómica co obxectivo garantir a prestación de servizos da súa competencia afectados pola inflación.
  • Levantar as regras fiscais que limitan a capacidade de concellos, deputacións e Xunta para poder gastar o superávit e os remanentes.
  • Actualización do ingreso mínimo vital, suba do salario mínimo e as pensións máis baixas para adaptalas á inflación real e evitar unha perda brusca de poder adquisitivo.
  • Actualización do IPREM. A pesar de considerar que o índice de referencia debe ser o SMI, entre tanto isto non aconteza é preciso actualizar un IPREM que está conxelado desde 2023 para protexer as persoas máis vulnerábeis.
  • Eliminar as peaxes da AP-9 e AP-53 para aliviar o impacto económico nas persoas usuarias e os peso nos custos de transporte, loxística e empresas, nunha economía como a galega altamente dependente do transporte por estrada.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG