As propostas dos sectores produtivos e sociais toman o Parlamento, convidados polo BNG

Francisco Jorquera amosa a súa satisfacción pola grande diversidade de colectivos asistentes á xornada convocada polo Grupo parlamentario do BNG baixo o lema: “ Parlamento aberto, ideas para a Galiza que queremos”

Parlamento aberto: Ideas para a Galiza que queremos

 O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera salientou o alto grado de asistencia e participación á xornada convocada polo BNG, en sede parlamentar, baixo o lema: “Parlamento aberto, ideas para a Galiza que queremos”, na que serán analizados os “problemas reais” dos colectivos sociais e culturais e sectores produtivos diversos.

Contra a Televisión de plasma e realidade virtual do Partido popular

Jorquera manifestou que a gran asistencia á convocatoria corrobora que “a xente desexa expresarse” e participar polo que recalcou que é fundamental que os debates no Parlamento galego reflictan as demandas e problemas reais da sociedade fronte a esa “televisión de plasma” para vender “un mundo virtual” á que nos ten acostumad@s a Xunta de Galiza e o seu presidente Fijóo.2

Escoitando a opinión dos representantes do sector industrial, agrario,pesqueiro, colectivos da sanidade e ensino público, colectivos na defensa das mulleres e da ecoloxía, resulta evidente, dixo, que “esa realidade virtual” non se corresponde coa realidade que todos os días palpan os cidadáns.

Galiza está vivindo unha auténtica situación de “emerxencia social e nacional” froito de políticas inxustas que utilizaron a crise como pretexto para “enriquecer unha minoría e empobrecer a inmensa maioría da sociedade” e por un goberno que acepta ser cómplice da “submisión do noso país”.

Ao longo da mañá serán analizados por diferentes grupos de traballo, a destrución dos sectores produtivos básicos, a grave situación demográfica, a emigración xuvenil, o deterioro do ensino e a cultura así como diferentes problemáticas sociais.3

Jorquera lembrou que a xornada: “Parlamento aberto, ideas para a Galiza que queremos”, é unha aposta por un cambio de marco que dote ao pobo galego de capacidade de decidir sobre os seus asuntos, como ferramenta para defender o progreso e benestar.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG