Jorquera pide "contundencia" a Feijóo ante os casos de corrupción do Partido popular en Galiza

O parlamentario do BNG afirma que Feijóo tenta marcar distancias cos escándalos de corrupción no Estado pero estes escándalos “tamén salpican ao PP en Galiza e ao seu círculo máis próximo”

Francisco Jorquera

Na quenda de preguntas ao presidente, o portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera preguntará a Feijóo se a Xunta está sendo “contundente” cos casos de corrupción. Para o deputado, Feijóo tenta manter distancias cos escándalos de corrupción no Estado pero en “Galiza tamén salpican ao Partido popular e ao seu círculo máis próximo”.

Na súa comparecencia, tras a xunta de portavoces, o portavoz parlamentario do BNG explicou que o presidente da Xunta continúa sen dar explicacións sobre as súas “amizades perigosas” entre as que destacou a Marcial Dorado, recentemente condenado a seis anos de prisión polo Tribunal Supremo, Pachi Lucas, imputado como “grande conseguidor” na Operación ZETA, ao eu engadiu a imputación de José Manuel Baltar por un presunto delito de suborno e outro de tráfico de influencias polo que preguntará a Feijóo cando vai dar explicacións no Parlamento sobre os casos de corrupción que afectan ao PPdeG.

Enorme fiasco no sector eólico por irresponsabilidade do goberno galego

Sobre o debate “por lectura única” da lei de medidas en materia de proxectos públicos e de urxencia de excepcional interese, Jorquera manifestou a discrepancia na Xunta de Portavoces pola inclusión deste debate na vindeira sesión plenaria e cualificou de “inaudito” que un proxecto de lei que nin sequera foi publicado sexa debatido o vindeiro martes. Mentres isto acontece, engadiu, non podemos preguntar a Feijóo sobre a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza “de tumbar o concurso eólico do seu goberno”, dado que as preguntas ao presidente hai que rexistralas con antelación.

O BNG pide que compareza Feijóo ante a decisión xudicial de tumbar o concurso eólico

A decisión do Goberno Feijóo de anular o concurso eólico do anterior goberno foi “sectaria e irresponsábel” e por iso agora Galiza “apanda coas consecuencias”. O parlamentario cualificou de “grave fiasco” o que está a acontecer nun sector que podía ser “ouro para Galiza” cun recurso natural que crea emprego pero froito das políticas do Goberno Feijóo , acabou converténdose “nun grande fiasco” pero mentres esas políticas anulan as potencialidades de Galiza entregan o noso país a ENCE ou as grandes compañías especuladoras que buscan ouro con grandes proxectos de megaminería.1

O BNG solicita a comparecencia de Feijóo para que explique a decisión xudicial que tumba o concurso eólico.

Propostas á iniciativa do BNG para a vindeira sesión plenaria

Entre outras cuestións, o BNG defenderá no vindeiro pleno unha moción para combater a precariedade laboral coa derrogación das reformas laborais e que nas concesións da Xunta se establezan condicións de mantemento ou creación de emprego de calidade. O último exemplo, dixo, Jorquera, témolo na concesión do transporte de residuos urbanos de SOGAMA onde a concesionaria non ten a obriga de subrogar a 69 traballadores que serán despedidos. Asemade, o BNG preguntará ao Goberno que xestións vai iniciar para repoñer nos seus postos de traballo ás persoas afectadas polo ERE nas empresas do Grupo TRAGSA.

Por outra banda, o BNG tamén preguntará sobre as medidas da Xunta para paralizar os proxectos de megaminería en Galiza e a prorroga a ENCE na que solicita, a través dunha Proposición non de le,i que o Parlamento a desaprobe.

Finalmente, o BNG instará á Xunta a reclamar a dotación e transferencia dun fondo especial para a posta en marcha de servizos de cercanías ferroviarias cunha dotación mínima de 400 M€.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG