Jorquera: "O legado de Feijóo será poñer a Sede social de Galiza en Madrid"

O portavoz do BNG no Parlamento acusou a Feijóo de “manter a boca calada” e pregarse ás decisións do Goberno de Rajoy contrarias aos intereses dos sectores produtivos galegos

Pleno.-Para o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, Feijóo converteu o Goberno galego en “correa de transmisión do Goberno de Rajoy” e acusouno de non conseguir “unha soa competencia” nin exercer as que tiña. O seu “legado é poñer a Sede Social de Galiza en Madrid”.

Tras darlle a benvida en catalán, Jorquera lembrou que na última sesión de control o presidente non respondeu ás preguntas sobre o sector leiteiro porque preferiu falar de Catalunya, resposta, sorprendente pola súa “repentina inmersión Lingüística no catalán”, ironizou o deputado.Pero sobre todo, sorprendeume que nos últimos tempo lembrara o “espírito da aldraxe” cando afirmou que de reformarse a Constitución para ampliar os dereitos de Catalunya, “Galiza volvería facerse ouvir”, en fin, que vostede só vai defender a Galiza cando outros defendan os seus dereitos, “un espectador do que outros propoñan”.

O Goberno galego “correa de transmisión do Goberno Rajoy”

O Goberno galego é submiso con Madrid e acabámolo de ver co leite. Temos competencias exclusivas en agricultura pero vostede dixo amén ao que decidiu Madrid. Neste sentido, explicou que o decreto publicado onte establece que os gandeiros galegos para cobrar os 300 euros de axudas deben cobrar 0,24 céntimos o litro de leite mentres que os andaluces o cobrarán 0,31 céntimos e preguntou se non considera que Galiza é novamente “discriminada”, cuestión á que Feijóo non respondeu.

Feijóo responde a Jorquera

O parlamentario do BNG volveu a acusar a Núñez Feijoo de “usar as institucións de autogoberno para o fin contrario polo que foron creadas”. O problema de Galiza, recalcou é a submisión do seu Goberno ás decisións de Madrid defendendo un acordo para o noso leite que non garante prezos dignos, non anula os contratos lixo en vigor nin sanciona aos incumpridores.

Por outra parte, Jorquera tamén aludiu a perda de 8.000 millóns de euros co novo sistema de financiamento do que dixo, “vostede tampouco se fixo ouvir”, a pesar de que outras comunidades reclaman a súa revisión e concretan as súas propostas.

Tamén permanece calado ante o posible peche de empresas polo custe da electricidade sendo Galiza unha potencia eléctrica, ante os datos do Banco de España que confirman o espolio do aforro galego e o retroceso do crédito ou que Navantia contrate catro petroleiros que se construíran en Cádiz e para Ferrol “as migallas”.

Vostede, concluíu, está vendendo o País por parcelas, R mercada por Euskatel, PHARMAMAR traslada a súa sede social a Madrid e mentres isto ocorre, o “presidente da Xunta segue sen facerse ouvir”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG