Jorquera a Feijóo: “A súa herdanza, deixar a mocidade sen esperanza de traballo no noso país"

O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorqura acusou ao presidente da Xunta de levar sete anos tentando agochar o seu fracaso e mirando para o anterior goberno

Na quenda de preguntas ao presidente Feijóo, o portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera afirmou que os mozos e mozas de Galiza son os que ven o futuro laboral máis negro, segundo reflicte un recente estudo no que o 23% considera a súa situación laboral nos vindeiros cinco anos “peor, ou moito peor que a situación actual”.

Vostede, dixo Jorquera quizás poda atribuír isto ao pesimismo antropolóxico dos galegos ou como fai sempre, “botar a culpa ao bipartito” pero leva xa sete anos presidindo a Xunta e segue “agochando o seu fracaso e ollando para o Goberno anterior”.

A enquisa estrutural a fogares do IGE salienta que o 19,2% dos nosos mozos están en risco de pobreza, “case un de cada cinco”, o que representa máis do dobre que no ano 2008 e a porcentaxe chega ao 20,8% entre os mozos e mozas que viven sós.

Máis precariedade laboral entre a mocidade

O parlamentario tamén aludiu os datos do informe do mercado laboral en Galiza do 2015 do que dixo, constata que o único grupo persoas traballadoras que medra é o que cobra “menos da metade do salario mínimo”. En Galiza, o 61% dos asalariados e asalariadas xa están nesta situación, “en risco de pobreza laboral”.

Feijóo responde a Jorquera

No ano 2009, engadiu Jorquera, case a metade dos mozos asalariados tiña un contrato indefinido, hoxe, o 60% teñen contratos temporais, polo tanto, máis “paro, precariedade e ausencia de expectativas de futuro”

Cando anunciou que optará ao un terceiro mandato, dixo que o facía por Galiza pero a Galiza que vai deixar en herdanza é “a negación do dereito de esperanza para a nosa mocidade” polo que volveu preguntar que valoración fai o presidente da Xunta sobre o pesimismo da mocidade galega a respecto do seu futuro laboral nos vindeiros anos.

A mocidade galega segue emigrando para buscar traballo

Na réplica, Jorquera afirmou que hoxe en Galiza hai 124.400 persoas menos entre 16 e 34 anos a respecto no ano 2010 e a ocupación descendeu 7 puntos. As súas políticas, recalcou o nacionalista, están provocando que “emigre o noso futuro”, que marche o coñecemento nos últimos cinco anos como acontece cos 12.000 mozos e mozas con titulo universitario.

O portavoz do BNG concluíu reiterando que a herdanza de Feijóo é a negación á nosa mocidade de algo tan elemental como “o dereito ao traballo e ao seu futuro”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG