Jorquera a Feijóo: "Gobernar é dar a cara cando hai problemas"

O nacionalista preguntou ao titular da Xunta se ten algunha estratexia para acabar coa vergoña de que unha botella de auga custe máis que unha de leite amosando dende o escano ambos envases

Jorquera amosa unha botella de leite dende o escano

 Pleno.- O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera preguntou hoxe a Feijóo que medidas vai tomar o Goberno galego para resolver a situación do sector leiteiro.

O nacionalista amosou dende o escano unha botella de leite e outra de auga e preguntou directamente a Feijóo se ten “algunha estratexia para acabar coa vergoña de que unha botella de auga custe máis que unha de leite”.

Tras lembrar que só un incendio arrasou máis hectáreas que todos os do ano 2014, que 200.000 persoas clamaron en Vigo contra o fiasco das políticas sanitarias, que o campo levantouse en defensa do leite, colapsando con tractores Santiago e Lugo, Jorquera díxolle que “gobernar é dar a cara cando hai problemas” e hoxe ten que render contas nesta Cámara da súa xestión porque gobernar no é acudir as tertulias e gañarse a compracencia dos medios madrileños, gobernar non é vir ás sesión de control a soltar unha ocorrencia, gobernar, recalcou o nacionalista é “ dar a cara cando hai problemas, exercer as competencias e ter un proxecto de país”.

O problema do leite debe ser un problema de país para o Goberno galego

O deputado explicou que o leite é un sector estratéxico para Galiza e está en perigo a súa supervivencia ao igual que o medio rural, mentres vostede segue dicindo que a Unión Europea empeza a entender o problema pero, enténdeo vostede?, pregunto Jorquera.???????????????????????????????

O sector non pide axudas, pide prezos xustos e reclama compromisos concretos e con garantías de que se cumpran.A situación do noso sector non se debe só a un exceso de oferta, no Estado español non hai exceso de oferta, prodúcense 6 millóns e medio de toneladas e consúmense 9, se houbese ese exceso de oferta, explicou o deputado, o problema afectaría por igual a todos e sen embargo “ao pasar Pedrafita, os prezos soben” o que evidencia que o problema é outro, son as practicas da industria e distribución que actúan como “capos extorsionando aos gandeiros”.

Que fixo o seu Goberno?

O deputado afirmou que primeiro fomos vítimas dun reparto de cotas inxusto, despois os gandeiros víronse obrigados a endebedarse para mercar cotas e a agora enfrontase a unha liberalización brava que busca botalos do mercado.

O parlamentario acusou ao Goberno de Feijóo de “cargarse o banco de terras para apostar pola eucaliptización, perder en 10 anos un 10% da superficie agraria útil e non poder transformar máis da cuarta parte do leite que producimos”. Mentres isto ocorre,vostede usa as súas viaxes para ofertar leite en pó, converter o noso sector leiteiro nun “grande low cost”.

Francisco Jorquera

O acordo da ministra Tejerina está trufado de inconcrecións e non ofrece as mínimas garantías, Jorquera puxo como exemplo ilustrativo o titular: “Leche Río y Danone pactan y hunden más los precios en plena crise láctea”. Sr. Feijóo, vostede sempre apela ao máximo legal, pois “use a lei” porque a concentración de prezos por parte da industria “é ilegal” e o uso do leite como porducto reclamo é dumping e tamén ilegal.

O portavoz do BNG volveu a pedir ao Presidente da Xunta que actúe con urxencia porque os gandeiros están ao límite e non poden agardar máis, “reúna ao sector e negocie unha proposta de país para defender en Bruxelas e en Madrid, exerza dunha vez como presidente” para que unha botella de auga non custe máis que unha de leite, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG