Jorquera acusa a Feijóo de supeditar Galiza á obediencia de Rajoy

Francisco Jorquera

Ante o remate da décima Lexislatura no Estado, o portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera reprocha ao presidente da Xunta non reclamar competencias para Galiza e facilitar a “recentralización” de Rajoy.

O portavoz parlamentario do BNG, francisco Jorquera preguntou hoxe ao presidente da Xunta pola incidencia en Galiza da xestión do Goberno central e acusou ao Núñez Feijóo de non reclamar nin conseguir competencias nin defender os intereses dos sectores produtivos galegos.

Para o deputado, o Goberno de Rajoy será lembrado pola imposición de recortes ás comunidades no desmantelamento dos servizos públicos e de incumpriu a lei ao non revisar o sistema de financiamento. Nestas decisións, dixo, o Goberno central contou “coa complicidade de Núñez Feijóo” que non fixo nada como demostra ter aceptado unha reestruturación do sector financeiro que nos deixou sen entidades de crédito, deixar o camiño libre ao espolio do noso aforro e asumir un cambio na lexislación do sector eléctrico que arruinou as nosas renovábeis.

A submisión de Feijóo a Rajoy provoca graves consecuencias nos principais sectores produtivos galegos

O nacionalista salientou as graves consecuencias das decisións do Goberno central sobre a pesca, o sector lácteo e o sector naval. O goberno galego, dixo o portavoz do BNG, aceptou que o Goberno central incumprise todos os compromisos con Navantia Ferrol, aceptou tamén que se negara a construír o dique ou que pasase a depender de Defensa en troques de “aproveitar o fin do veto para recuperar Fene para a construción Naval Civil”.

O parlamentario tamén lembrou que no ano 2011 o Sector Naval de Ferrol tiña 10.000 traballadores e hoxe menos de 600 das empresas auxiliares e 500 da plantilla principal contan con carga de traballo.

Jorquera increpa a Feijóo

Feijóo respondeu que o Goberno de Rajoy “evitou o rescate das familias galegas, o desplome das pensións e dos valores patrimoniais das familias e mantivo o financiamento da Educación e Sanidade e evitou as peaxes nas autovías galegas e os corralitos nos Bancos, fronte a o Partido socialista que destruíu miles e miles de empregos”.

Jorquera tira por terra os privilexios de Galiza dos que presume Feijóo

Na réplica, o nacionalista volveu a preguntar polos privilexios dos que presume Feijóo e puxo como exemplo que fixo o Presidente da Xunta polos dos traballadores de Navantia fronte o Goberno central porque esta semana volven a manifestarse e non é para “agradecer a súa xestión”. Onde están, preguntou, os 2.000 postos de traballo do Centro de Reparacións de Ferrol que vostede se comprometeu a facer. “O resultado da súa submisión significa que os catro petroleiros serán construídos en Cádiz e para Ferrol quedan as migallas”, recalcou.

Os gandeiros volven ás protestas pola crítica situación do sector lácteo

Explíquelle aos nosos gandeiros como os defendeu. Esta semana vólvense a manifestar dixo Jorquera que leu o titular “adiós a la mitad de las granjas gallegas” e o Fondo de Garantía agraria, un mes despois do acordo de Madrid, confirma que Galiza é o lugar onde se paga menos polo leite, 28 céntimos por litro 6 menos que en Andalucía. No que levamos de ano,engadiu, pecharon en España 500 explotacións, “383 en Galiza” máis do 72% e explíquelle tamén aos mariñeiros que a flota de arrastre teña que amarrar durante a fin de semana mentres o Goberno español permite que faenen nos nosos caladoiros a flota portuguesa, explíquelle os mariñeiros do cerco porque o Goberno español concede a cada barco vasco tanta cota como a toda a flota de Malpica ou de Sada.Os mariñeiros do cerco levan 40 días acampados e vostede “nin sequera se dignou a recibilos”.

Cando falamos de defender os intereses de Galiza, recalcou Jorquera, “falamos de comer, de poder vivir do noso traballo pero vostede prefire obedecer ao Sr.Rajoy”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG