Jorquera acusa a Feijóo de “pelotazo” ás arcas públicas coa venda de Novagalicia Banco

Jorquera prepara a réplica a Feijoo

O deputado afirmou que non será “recuperado ni un só euro” dos 9.000 millóns empregados para saneala e acusou o Presidente da Xunta de “vender Galiza por parcelas”

Pregunta  de Francisco Jorquera a Feijóo

Pleno.- O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera acusou hoxe o Presidente da Xunta de perpetrar “un pelotazo ás arcas públicas” coa venda da entidade financeira Novagalicia Banco con 9.000 millóns de euros públicos para saneala dos que non serán recuperados “ni un só euro”.

A través da pregunta de control, o parlamentario tamén se referiu, entre outras cuestión, ao pago dun millón de euros públicos como resultado de non responder a Xunta ás reclamacións de Pescanova así como a venda “a prezo de ganga” de Barreras a Pemex.

Concretamente sobre esta negociación, Jorquera lembrou que o BNG advertiu da intención da petroleira mexicana de mercar o estaleiro galego para transferir a México o seu coñecemento tecnolóxico e un ano despois, afirmou, Pemex anuncia que retira a carga de traballo de Barreras, vostede, “segue vendendo fume e a Galiza por parcelas”.

As viaxes propagandísticas de Feijóo

O parlamentario ironizou sobre “o éxito” das viaxes do Presidente da Xunta das que dixo, “poñémonos a tremer cada vez que vai a Sudamérica”.

Feijóo responde a Jorquera

Hai un ano, explicou, advertimos das consecuencias para Galiza da venda e privatización de Novagalicia Banco a “un banco venezolano”, agora xa sabemos os resultados, “un auténtico pelotazo ás arcas públicas galegas”. Nun só ano, a ABANCA superou en beneficios á cantidade do prezo oficial de venda, sen embargo, para vostede era “pecado” transformar a entidade nun Banco Público galego pero non tivo reparos en que un “banqueiro venezolano fixese o negocio do século a costa de saquear as arcas públicas”.

Galiza á cola dos créditos

No transcurso da pregunta ao presidente, Jorquera explicou que dende o ano 2009, o crédito concedido, en relación cos depósitos dos bancos, caeu un 41% e en Galiza é só a metade do que nos correspondería por poboación, estes datos confirman, dixo, o “espolio do noso aforro” polo que volveu preguntar a Feijóo se vai asumir as súas responsabilidades pola venda de Novagalicia Banco, “unha operación ruinosa para Galiza.”

Jorquera prepara a réplica a Feijoo

O prezo de venda é “ficticio” e non se recuperará un só euro dos 9.000 millóns destinados para sanear a entidade financeira. Litixios das cláusulas e outras coberturas de xuro nas hipotecas, valoración de activos traspasados ao SAREB que asume o FROB, liberación de provisión e descontos de créditos fiscais, responden ao “ao pago por colocala”, afirmou.

Feijóo “cómplice” do saqueo das Caixas

O FROB mentiu, e o plan de Restruturación aprobado pola Comisión europea, especifica no punto 76, que as garantías “a favor do comprador” ascenden a 2.322 millóns de euros, “moi por riba do prezo de compra” pero a maiores, remarcou, o Banco de España e Ministerio de Economía autorizaron indemnizacións aos máximos responsábeis de Novagalicia Banco por un importe de 1.200.000 euros.

Finalmente, Jorquera reprobou “o secuestro” da Comisión de Investigación das caixas porque o PP impide que se investigue ese espolio, “vostede é cómplice deste saqueo”, concluíu.

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG