Indecencia política do PP, que prima ás farmacéuticas en lugar das vidas d@s doente de hepatite-C

Afectados pola hepatite-C protestan no Pleno

Afectados pola hepatite-C protestan no Pleno

O BNG defendeu no Parlamento a literalidade das demandas da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite-C: acceso inmediato ás nova terapias para todos os casos definidos como de tratamento urxente pola Asociación española para o estudo do fígado, e que os medicamentos de última xeración para tratar esta doenza se dispensen nas farmacias hospitalarias.

A negativa do PP a apoiar esta iniciativa provocou a protesta enérxica e emotiva dos afectados e afectadas que seguían o debate desde a tribuna da Cámara e a contundente crítica da portavoz parlamentaria en Sanidade, Montse Prado, que cualificou a posición dos populares de “obscena, inmoral e indecente”.

“Cando vostedes apertan o botón para votar en contra, están dicindo non á petición de axilizar o tratamento médico que pode salvar vidas”, denunciou, para tachar de “impresentables” ás prioridades políticas do PP “capaz de lexislar para que as farmacéuticas teñan a tixola polo mango e podan obter beneficios millonarios a costa da saúde dos galegos e das galegas”. “Alá vostedes coa súa conciencia”, recalcou, tras lembrar os 13.000 millóns de euros de beneficios obtidos pola multinacional que comercializa o fármaco de referencia contra a hepatite-C.

Prado denunciou o escurantismo co que se xestiona a información e os datos sobre esta doenza por parte da Xunta, - “como é posible que non podamos coñecer a composición da subcomisión de sanidade que determina quen ten acceso ao tratamento?”, se preguntaba-, e volveu demandar que sexan criterios “exclusivamente médicos” os que determinen o tratamento que deben recibir os afectados e afectadas.

Neste sentido, denunciou que a Consellería de Sanidade aplica criterios “aínda máis restritivos” dos que marca o propio ministerio, e que cando o paciente supera os 70 anos os filtros se endurecen. “Unha crueldade”, recalcou Prado, tras anunciar que o Bloque seguirá defendendo as demandas dos doentes afectados pola hepatite-C nas institucións e na sociedade.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG