O G.p do BNG protesta "amordazado" contra o recorte de dereitos parlamentarios

O BNG presentará un recurso contra a decisión da Mesa do Parlamento de recortar os tempos de intervencións e iniciativas do grupo parlamentario do BNG, ata o remate da lexislatura

Protesta do grupo nacionalista na porta principal do Parlamento galego

O Grupo parlamentario do BNG mostrou hoxe, nas escalinatas da porta principal do Parlamento, a súa “rotunda protesta” polo recorte de dereitos parlamentarios pactados polo PP e PSdeG e que na práctica suporá restar tempos de intervención e iniciativas ao BNG e AGE ata o final da lexislatura baixo a escusa de que existe outro grupo máis na Cámara, o grupo Mixto.

Durante a protesta, os deputados e deputadas do BNG portaban cartaces baixo o lema, “NO PARLAMENTO GALEGO RECORTAN A DEMOCRACIA E A LIBERDADE DE EXPRESIÓN” e na boca unha cinta adhesiva para denunciar “a mordaza” que o PP pretende impoñer nesta institución.

O portavoz do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera asegurou que o recorte de dereitos parlamentarios impide que os representantes da sociedade galega poidan desenvolver con normalidade o labor para o que foron electos defendendo alternativas ás políticas do Partido popular que “tan ruinosas foron para o noso país”.protesta 2

O BNG esgotará as vías legais contra o recorte de dereitos parlamentarios

Jorquera engadiu que o grupo parlamentario do BNG “esgotará todas as vías legais” para evitar este recorte de dereitos e liberdades. Unha medida, denunciou que obedece á estratexia do Partido popular para anular políticas alternativas e “o noso autogoberno”.

Jorquera solicita unha alteración da orde do día do pleno e Pilar Rojo rexeita a petición

Xa dentro do Parlamento e a piques de iniciar a sesión plenaria, o portavoz nacionalista pediu a palabra para explicar que a orde do pleno pode ser alterada pola petición de dous grupos. Neste sentido, confirmou que o BNG e AGE solicitaron que constara en acta “a protesta” polo acordo da Mesa do Parlamento sobre a nova programación de traballo para este período de sesións. Dado que esta decisión, explicou, “vulnera o respecto e os dereitos dos grupos parlamentares” a través dun acordo que incumpre a obriga de escoitar á Xunta de Portavoces. O BNG amosa a súa “rotunda protesta” e anuncia que presentará todos os recursos necesarios contra a mesma.

O G.p do BNG na Cámara galega

A presidenta da Mesa, Pilar Rojo respondeu que a cuestión formulada por Jorquera “non formaba parte da orde do día ”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG