O BNG reclama que se abran as 1.015 camas pechadas nos Hospitais galegos nos meses de verán

Vence amosa o documento para que @s usuari@s rexeiten ser desviados á sanidade privada

Xavier Vence reta a Feijóo a rectificar, tras os resultados electorais nos que a cidadanía “castigou severamente” as políticas de recortes do Partido popular

Xavier Vence comparece ante os medios de comunicación

 O portavoz do BNG, Xavier Vende denunciou hoxe, ante os medios de comunicación a decisión da Xunta de pechar 1.015 camas nos hospitais galegos durante os catro meses de verán.

Para o portavoz nacionalista, a medida é “inxusta” para os miles de pacientes que agardan por unha intervención cifrada para os técnicos da sanidade galega en 36.000 persoas. Dende o BNG cremos que ante esta lista de agarda e o peche de 1.015 camas, a Xunta amosa o “seu desprezo” aos pacientes afectados que financian cos seus impostos un sistema sanitario público.

Vence reta a Feijóo a que abandone as políticas de recortes

O portavoz do BNG lembrou que Núñez Feijóo, tras ver os resultados electorais nos que a cidadanía “castigou severamente as políticas de recortes do PP”, anunciou que era necesario cambiar as formas e as caras así como mudar as políticas, pois ben , dixo o portavoz nacionalista, “Feijóo ten unha oportunidade de ouro” para abandonar esas políticas de recortes que endurecen as condicións de vida e que restan dereitos aos miles de pacientes das listas de agarda polo que convidou ao Presidente da Xunta a rectificar para manter abertas as 1.015 camas, contratar ao persoal necesario e manter a asistencia sanitaria con normalidade.

Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG

Por outra parte, Vence tamén aludiu as consecuencias que o peche de camas provocará nos tratamentos de 20.000 persoas durante os catro meses de verán. A redución dos tratamentos e intervencións, afirmou, tamén afecta á calidade sanitaria e persoal sanitario que permanece nas listas de contratación e engrosan “un longo período nas listas de paro”.

O portavoz nacional do BNG cualifica de “triplemente nefasta” a política sanitaria da Xunta

Vence denunciou o desvío de pacientes da sanidade pública á sanidade privada e cualificou de “triplemente nefasta” a política sanitaria da Xunta por impedir os tratamentos e intervencións das 36.000 persoas en lista de agarda, reducir a calidade sanitaria e provocar un “despilfarro” de camas pechadas mentres son transferidos recursos públicos para financiar á sanidade privada.

Vence amosa o documento para que @s usuari@s rexeiten ser desviados á sanidade privada

O BNG presentou diversas iniciativas no Parlamento para que a Xunta explique este tipo de decisións e tome en consideración as demandas dos profesionais, sindicatos sanitarios, plataforma SOS, Sanidade Pública. Non se pode paralizar a actividade asistencial nos hospitais, hai que contratar persoal sanitario e abrir as plantas e camas, aseverou.

O BNG apoia as mobilizacións en defensa da Sanidade Pública

Neste sentido, o portavoz nacionalista anunciou o apoio do BNG ás mobilizacións do persoal sanitario, sindicatos e colectivos de pacientes que terán lugar esta semana e a vindeira nos hospitais galegos e mostrou un documento que será entregado aos usuarios para que “non acepten ser desviados á sanidade privada” esixindo seren atendidos con “calidade, con persoal médico preparado e facendo uso das infraestruturas da Sanidade Pública”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG