BNG apoia NÓS-Candidatura Galega para ter deputad@s que batallen cas mans libres por GZ tras o 20D2

Responsables de BNG, CG, PG, Foga, PCPG, IpU2

O BNG amosou o seu público apoio a NÓS-Candidatura Galega por ser a única opción política de país que non está contruída arredor dunha forza estatal e, nese sentido, considera que non compite

polo mesmo espazo que a candidatura liderada por Podemos en Galiza.

Responsables de BNG, CG, PG, Foga, PCPG, IpU2

“Disputamos o espazo da representación de Galiza, da xente que quere unha alternativa de país feita desde aquí frente ás demais alternativas construídas arredor dos proxectos das forzas estatais”, explicou o portavoz nacional, Xavier Vence, polo tanto, “NÓS dispútalle o espazo electoral ás candidaturas de obediencia estatal porque aposta porque Galiza teña voz soberana en Madrid”.

Neste sentido, Vence salientou que o país non precisa “deputad@s que, de forma silenciosa, vaian engordar os grupos parlamentarios das forzas estatais”.

“Non queremos deputad@s apretabotóns ao servizo das consignas do grupo parlamentario da forza estatal de turno, senón representantes que batallen desde o primeiro día e con mans libres para defender os intereses de Galiza, capaces de negociar coas outras forzas en nome da maioría social deste país con total liberdade”, recalcou Vence en resposta aos medios.

BNG e as outras catro forzas políticas integradas en NÓS-Candidatura Galega, -PG, CG, Foga e PCPG-, xunto coa Plataforma Iniciativa pola Unión, compareceron para expresar o seu apoio á que reivindicaron como a única candidatura construída “desde aquí”, tras un proceso de primarias cuxo resultado se repectou escrupulosamente, e no que participaron máis de 6.000 persoas, militantes ou cidadáns sen adscrición algunha.

“É a suma de vontades da xente que ten un compromiso de país ante unha situación de emerxencia”, resumía Manuel Suárez, presidente do Partido Galeguista, mentres que a portavoz de IpU, Elvira Souto agradeceu a participación de todas as persoas que se implicaron no proceso de elaboración dunha candidatura de confluencia.

“NÓS-Candidatura Galega quere representar á cidadanía que no se resigna a ser sistematicamente traizoada polas forzas políticas estatais que lle dan as costas a Galiza en Madrid”, concluíu Vence.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG