O BNG acada un acordo unánime no Parlamento para aumentar os recursos dos concellos galegos

 O BNG acada a unanimidade do punto da proposta defendida por Francisco Jorquera para adoptar os criterios de dispersión e avellentamento da poboación no reparto da Participación nos Ingresos do Estado (PIE) por ser factores que repercuten, de maneira determinante, no custe dos servizos que prestan os concellos galegos

Francisco Jorquera

O deputado do BNG, Francisco Jorquera mostrou hoxe a súa satisfacción tras acadar a unanimidade da Comisión de Economía nun dos puntos da Proposición non de lei nacionalista sobre financiamento local polo que o Parlamento insta á Xunta de Galiza a demandar a reforma do actual modelo de financiamento local de acordo cos seguintes criterios: “2.1- Proporcionar máis recursos aos concellos galegos. 2.2-Adoptar os criterios de dispersión e avellentamento da poboación para o reparto da Participación nos Ingresos do Estado (PIE), por se tratar de factores que repercuten de xeito determinante sobre o custo dos servizos que prestan os concellos galegos.2.3-Tranferir á Xunta de Galiza a contía correspondente á PIE, para que sexa a Administración galega que realice o reparto destes fondos entre os concellos”.

Para o deputado, a iniciativa nacionalista vai encamiñada a proporcionar máis recursos aos concellos galegos que representan o 5,92 % da poboación do Estado español e sen embargo só receben un 5% nos ingresos do Estado, un sistema de financiamento “insuficiente e inxusto” que nos coloca, dixo, “á cola” da participación dos ingresos do Estado destinados aos concellos. Por outra banda, asegurou que resulta evidente que tanto a dispersión como avellentamento da poboación inciden “nun maior custe” dos servizos sociais asumidos maioritariamente polos concellos.

Cremos, recalcou Jorquera, que a contía correspondente á participación dos ingresos no Estado e adoptar os criterios de dispersión e avellentamento resulta un modelo máis “racional e eficiente para que os criterios de reparto atendan realmente a “realidade do noso país”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG