#ENGALEGOSI

Galeguiza o teu nome, restaura o teu apelido!

Queremos Galego 2016
Queremos Galego 2016
Galeguiza o teu nome, restaura o teu apelido!

Termos os nomes e apelidos na nosa lingua, non só reflicte de onde somos senón tamén o que somos, galegas e galegos cunha historia unha traxectoria cultural de centos de anos. Poñer o teu nome e apelidos en galego é doado. Na web da Mesa pola Normalización Lingüística tes unha completa listaxe de nomes e apelidos para que o cambio sexa o correcto.

Pasos para galeguizar nomes e apelidos:

  1. Tes que ir persoalmente ao Rexistro Civil onde estea rexistrado o teu nacemento e solicitar un certificado de nacemento.
  2. Coa este certificado no peto tes que presentar no Rexistro unha instancia solicitando que se proceda á galeguización do nome ou dos apelidos, ao abeiro da Lei 40/1999. Esta instancia ten que ir acompañada dunha fotocopia do DNI e do certificado de nacemento. Aquí che deixamos os modelos de instancia correspondente ao nome [doc | odt] e/ou os apelidos [doc | odt].
  3. O seguinte paso é mudar o teu nome no carné de identidade. Dirixe unha instancia á comisaría que che expediu o carné de identidade en vigor, solicítalles que, ao abeiro da Lei 40/1999, procedan á corrección do nome e/ou dos apelidos, rexistrándoos na súa forma actual. Debe achegarlle conxuntamente a certificación do Rexistro Civil onde xa figura o teu nome e/ou apelidos galeguizados. Podes utilizar os seguinte modelo [doc | odt].
  4. Co novo carné na man é a quenda de mudar progresivamente o nome e/ou apelidos no resto de documentación: carné de conducir, SERGAS, Axencia Tributaria, Seguridade Social, recibos da auga, luz, gas, teléfono, contas bancarias... A tramitación, na maioría dos casos, consiste simplemente en presentar o DNI en que xa figure o nome e apelidos na súa forma galeguizada.