Feijóo elude responder a Jorquera sobre a prorroga de 60 anos a ENCE

Francisco Jorquera

O presidente da Xunta non respondeu á pregunta do portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera sobre a prorroga por 60 anos a ENCE. O nacionalista lembrou que foi o propio Feijóo quen propuxo limitar as decisións  dun goberno en funcións en “asuntos de trámite”

Jorquera formula a pregunta a Feijóo

Pleno.- O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera preguntou hoxe ao Presidente da Xunta se lle parece un trámite entregar a ría de Pontevedra a ENCE durante sesenta anos despois de ser o propio Feijóo o que propuxo limitar as decisións dun goberno en funcións a asuntos en trámite. “Parécelle un trámite hipotecar, de paso, a nosa política forestal?.

Na quenda de réplica, Feijóo eludiu responder á pregunta formulada polo portavoz do BNG.

Jorquera recalcou que a prorroga a ENCE representa hipotecar a política forestal en Galiza ao igual que a ría de Pontevedra e o resto das rías ás multinacionais acuícolas.

Non eluda a súa responsabilidade,dixo o deputado porque a Xunta emitiu un informe favorable e aceptou unha modificación da lei de Costas que prorrogan durante 75 anos as concesións en terreos de dominio público.Moitas veces dixen que vostede está vendendo Galiza por parcelas agora teño que engadir que tamén está “vendendo o noso mar”.

Feijóo

Na quenda de réplica, Feijóo eludiu responder as preguntas do portavoz do BNG sobre a prorroga por sesenta anos concedida a ENCE polo goberno central en funcións.

Lei de Acuicultura lesiva para Galiza

Para Jorquera, Feijóo conseguiu unir a todo o mundo do mar, organizacións ecoloxistas e grupos políticos contra a Lei de Acuicultura. O noso marisqueo e bateeiro, explicou, xeran 33.000 empregos e son o sostén económico de comarcas enteiras e agora o seu goberno presenta un anteproxecto de acuicultura “dándolle as costas ao sector”.

A Lei de Acuicultura do PP destrúe o tecido socioeconómico das comarcas costeiras

O deputado manifestou que a Lei non aborda ningún dos problemas sobre o saneamento das rías, a desprotección das mariscadoras ou a falla de posta en valor dos nosos produtos pero o seu goberno segue “impasible” a que se comercialice mexillón chileno como galego. Para quén gobernan vostedes cunha lei pensada para desmantelar os sectores produtivos primarios que serán substituídos pola peixería intensiva a escala industrial?. Vostedes, “gobernan ao ditado dos Lobbies” como fixeron con ENCE, “supeditando o interese xeral a do consello de administración”. Pretenden privatizar o noso mar para favorecer o desembarco das grandes empresas de acuicultura industrial aínda que sexa a costa de destruír o tecido socioeconómico das nosas comarcas costeiras e degradar a calidade ambiental das nosas rías.

Francisco Jorquera

 Jorquera pide a retirada do texto do anteproxecto

O deputado volveu preguntar ao presidente se está disposto a atender o “clamor social” para retirar o anteproxecto de Lei de Acuicultura ao que Feijóo respondeu que a lei debe reflexar as demandas do sector e por esta razón “faremos un alto no camiño na tramitación da lei”. Non vamos a aprobar esa lei “sen o respaldo do sector”, afirmou.

Na réplica, Jorquera asegurou que o anteproxecto non é reformable, “só cabe retiralo” porque todo o seu articulado está encamiñado a implantar un modelo que non é o que Galiza necesita. Destrúe máis postos de traballo dos que crea, “o mesmiño que pasa con ENCE”.

O deputado díxolle a Feijóo que en Noruega, grande potencia da acuicultura, conta con 5.900 postos de traballo, “a sexta parte dos postos de traballo vencellados ao marisqueo e acuicultura tradicional aos que vostedes dan as costas en Galiza”.

Jorquera responde a Feijóo

Esta Lei tampouco é sostible social e medioambientalmente, utiliza produtos farmacolóxicos e pensos non naturais que deterioran o medio mariño e ademais abre a posibilidade de instalar plantas en espazos da Rede Natura, autoriza o cultivo de especies exóticas foráneas que poden ser invasivas no medio mariño pero sobre todo, a Lei aposta por “privatizar o mar” e o dominio público como fixeron con ENCE.

Retire o anteproxecto de lei de Acuicultura e deixe de gobernar para as multinacionais, concluíu o portavoz parlamentario do BNG.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG