O BNG presenta unha Lei contra o uso indebido da publicidade institucional

Jorquera afirma que a lei nacionalista pon fin o uso de propaganda do goberno e controlará o trato “clientelar” cos medios de comunicación

Francisco Jorquera ante os medios de comunicación

O portavoz do Grupo parlamentar do BNG, Francisco Jorquera compareceu hoxe ante os medios de comunicación, tras a Xunta de portavoces para dar conta dos asuntos da orde do día do vindeiro pleno entre os que destacou o debate, á iniciativa do BNG, da Proposición de Lei de Publicidade Institucional de Galiza e a lei para unha prestación social a mulleres vítimas de violencia de xénero.

A iniciativa, dixo, responde a un duplo obxectivo: Rexenerar a democracia e impulsar medidas contra a discriminación dos medios de comunicación en galego que de maneira sistemática son excluídos da publicidade da Xunta de Galiza.

Por outra parte, o BNG tamén defenderá unha Proposición de lei para regular “unha prestación de carácter periódico” para as vítimas de violencia de xénero. Un problema social de primeira orde froito da desigualdade.A lexislación vixente foi un paso positivo, pero non abonda polo que o BNG reclamará que as axudas sexan “unha auténtica prestación social”.

A perda de galegofalantes non preocupa ao Goberno

O parlamentario avanzou que na vindeira sesión plenaria o BNG interpelará o Goberno sobre os datos do IGE relativos o uso da lingua galega. Jorquera cualificou de “delirantes” as recentes declaracións do Presidente da Xunta por afirmar que o “galego está mellor que antes”. Ofrecémoslle, dixo, a oportunidade o novo conselleiro de Educación e Cultura de demostrar que está disposto a rectificar as políticas contra o galego.2

O BNG reclama a titularidade e uso civil para o Panteón de Ilustres Galegos

O deputado lembrou que a titularidade segue en mans da Igrexa Católica que priva da difusión, coñecemento e acceso libre a todos os galegos e galegas a un espazo que debería “nun país normalizado” ser de uso público. O BNG pedirá iniciar os trámites para a expropiación do uso e o compromiso da Xunta para difundir o significado, historia e relevancia como patrimonio de Galiza.

O novo decreto establece unha carreira universitaria para ricos e outra para persoas sen recursos

O BNG preguntará o Goberno qué vai facer para defender o dereito dos galegos e galegas para acceder a estudos universitarios, á marxe dos seus recursos económicos, porque o novo decreto do Goberno central é un paso máis para definir dous modelos de carreira universitaria: “Unha para os fillos dos ricos e outra para o resto dos alumnos.3

Hai cartos para Enrique Iglesias e non hai para @s enfermos de Hepatite C

Jorquera cualificou de “escandaloso” que a Xunta pague a Enrique Iglesias 300.000 euros por un videoclip mentres escatima diñeiro para evitar a norte de enferm@s de Hepatite C polo que preguntará a Feijóo que vai facer o Goberno ante a situación desesperada de persoas que o único que lles queda, como dixo unha doente no último pleno é “morrer”.

Finalmente, o portavoz do BNG no Parlamento tamén se referiu a interpelación sobre o “paquete lácteo” do que polo momento se descoñece a posición da Xunta, cando Galiza é a principal produtora leiteira do Estado.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG