O BNG estudará acudir ao Tribunal Constitucional ante o recorte de dereitos parlamentarios

Para Francisco Jorquera, "o pacto PP-PSdeG" para recortar as iniciativas e intervencións do BNG e AGE baixo  escusa de que existe na Cámara galega un novo grupo parlamentario, “vulnera os dereitos dos deputados e deputadas” 

Jorquera comparece ante os medios

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera anunciou tras a Xunta de portavoces, que o BNG estudará emprender accións legais ante o Tribunal Constitucional contra o recorte de dereitos parlamentarios.

O nacionalista afirmou, ironicamente, que hoxe no Parlamento galego tivo lugar a primeira medida de impulso democrático anunciadas por Feijóo no último pleno e tamén a escenificación do “futuro pacto PP-PSOE” co acordo da Mesa de recortar tempos e iniciativas ao BNG e AGE baixo o pretexto de que existe na Cámara un novo grupo parlamentario, o grupo Mixto.

O grupo Mixto terá máis intervencións en detrimento só do BNG e AGE

Neste sentido, explicou que no vindeiro período de sesións, o BNG e AGE non poderán defender dúas Proposicións non de lei, unha moción, unha Interpelación, unha pregunta ao Goberno e unha pregunta ao Presidente.

Jorquera insistiu en que o BNG ten os mesmos deputados e deputadas que ao inicio da lexislatura e manifestou o súa oposición rotunda ao recorte de iniciativas “aos compañeiros de AGE” en beneficiou do Grupo Mixto.1

O nacionalista cualificou de “mordaza ao Parlamento” a decisión da Mesa xustificando que os plenos serían demasiado longos, o BNG, recalcou Jorquera “non ten ningún problema” para prolongalos “tres días e de maneira semanal”.

Para o deputado, o cambio das normas parlamentarias amparado por PP e PSdeG, representa a “conculcación dos dereitos de todos os deputados e deputadas” e a vulneracións das normas parlamentarias asentadas dende os primeiros tempos. Jorquera reiterou que o BNG estudará emprender accións legais contra esta nova disposición.

Orden do día do vindeiro pleno

 O portavoz do grupo parlamentario nacionalista pedira a Feijóo “rectificar a súa política Lingüística” ante a “gravísima” situación do idioma galego. Para o deputado, existe un “clamor social” que esixe ese cambio ao que sumou o expresado recentemente por distintas institucións como a Real Academia Galega reclamando o cumprimento do Plan de Normalización Lingüística e a derrogación do “mal chamado” Decreto de Plurilingüismo. A situación do noso idioma, sentenciou é “o reflexo do País”.2

Por outra parte no pleno tamén serán debatidas, á iniciativa do BNG, modificar a lei para introducir medidas contra a pobreza enerxética, a prescrición de fármacos de última xeración para doentes de Hepatite C, evitar os sobrecustes e garantindo a transparencia das obras públicas, medidas a adoptar contra o peche de ASPANES-TERMAL Ourense, centro especial de emprego para persoas con discapacidade así como as previsións do Goberno galego contra a situación escandalosa de retrasos na tramitación da RISGA.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG