parlamento galego

O PP veta a solicitude do BNG para que Feijóo explique no Parlamento que fixo por Galiza como senador

Feixóo
Feixóo
Luís Bará  lamentou o “uso partidista” do Senado como lanzadeira da carreira política de Feijóo en Madrid

O deputado do BNG, Luís Bará lamentou que o Partido popular “vetara” a comparecencia de Alberto Núñez Feijóo no Parlamento galego para explicar a súa actividade como senador.

O nacionalista propuxo abordar esta cuestión  na Comisión 1º Institucional, Administración, Xustiza e Interior, á que a Mesa do Parlamento  trasladou o asunto despois da solicitude realizada pola viceportavoz do BNG, Olalla Rodil na Xunta de Portavoces.

Bará lembrou que Núñez Feijóo no seu período como senador, elixido o 25 de maio do 2022, só realizou cinco preguntas e considerou que debe dar explicacións no Parlamento galego como institución que o elixiu por designación autonómica, elección que só contou  cos votos  do grupo parlamentario do Partido popular e foi criticada polo BNG, no seu momento, por considerar que o PP facía   un “uso partidista” do Senado e  utilizaba a cámara alta como plataforma para a  carreira política de Núñez Feijóo  en Madrid.

O deputado do BNG lamentou que unha vez máis, o Partido popular utilice a súa maioría absoluta no Parlamento galego para “vetar” a comparecencia de Núñez Feijóo.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG