parlamento galego

BNG solicita a comparecencia de Feijóo no Parlamento galego para explique o seu traballo no Senado

Olalla Rodil
Olalla Rodil
Olalla Rodil salienta que Alberto Núñez Feijóo foi nomeado pola Cámara galega para defender os interese de Galiza e só rexistrou cinco preguntas alleas ao intereses dos galegos e galegas

O BNG solicita a comparecencia de Feijóo no Parlamento para que explique o eu traballo no Senado.

A deputada do BNG, Olalla Rodil salienta que Alberto Núñez Feijóo só rexistrou “cinco preguntas” na Cámara alta alleas ás preocupacións da cidadanía do nos País como as cuestións relacionadas cos sectores produtivos ou as infraestruturas.

Para a deputada, o “lóxico, democrático e transparente” é que Feijóo acuda á Cámara galega, xunto ao doutros dous senadores por designación autonómica, para render contas.

Rodil explicou que se consultamos a folla laboral de Feijóo no Senado, todo nos leva a pensar “que a aproveita esta plataforma” outorgada polo Parlamento galego, para facer “carreira política en Madrid” e de ser así, o natural sería que o seu salario o pagase o Partido Popular e non todos os galegos e galegas.

 Esta é a razón pola que solicitaremos a comparecencia dos “tres senadores” elixidos por Galiza baixo o amparo do  artigo 44.3 do Regulamento do Parlamento galego.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG