CONGRESO

Néstor Rego exixe no Congreso que se blinde Galiza como mellor solución para atallar o problema

Néstor Rego
Néstor Rego

O BNG mostra a súa plena disposición a colaborar na solución para a erradicación desta crise sanitaria.

Rego propón pechar Madrid como medida urxente ao ser o principal foco e potencial fonte de propagación do  COVID19.

O BNG afirma que no canto de optar por axilizar os  ERTEs habería que garantir o mantemento do emprego e dos dereitos laborais. E aposta por prohibir os despedimentos por razóns económicas como fixo Italia.

Néstor Rego exixe no Congreso que se blinde Galiza como mellor solución para atallar o problema

O deputado do Bloque Nacionalista Galego no  Congreso, Néstor Rego, transmitiulle ao Executivo a plena disposición do BNG para colaborar en todo o posible para atallar esta crise. Mesmo se as medidas que foren adoptadas ou que, desgraciadamente non o foron, non gusten ou parezan insuficientes. "Corresponde a quen ten a responsabilidade de gobernar tomar decisións e tempo haberá para  avalialas", afirmou Rego tras salientar que “estamos nun momento excepcional, nunha crise de extraordinaria gravidade. E, nesta situación a prioridade absoluta debe ser a de frear a expansión do contaxio e salvar vidas. Unha prioridade que fai pasar a un segundo plano a confrontación política porque neste tema non é momento de  confrontar, senón de cooperar”.

O BNG propón medidas construtivas e apoiadas no criterio de expertos e  experiencias precedentes como os caso de  Wuhan ou  Lombardía. Entre o medidas prol-postas polos nacionalistas atópase illar os principais focos de contaxio, combinado co confinamento da poboación. Rego demandou pechar Madrid, onde se sitúan preto da metade dos casos, porque “continúa sendo necesario para evitar, como  graficamente expresaron algúns medios,  centrifugar o contaxio ao conxunto do Estado”. O BNG denuncia que o non pechar Madrid supuxo un auténtico golpe para Galiza, onde se comprobou que os 14 dos 15 primeiros casos confirmados en Vigo tiñan relación con Madrid ou que durante o primeiros cinco días, o 70% dos contaxios procedían de Madrid. “Hoxe datar Madrid, blindar Galiza é un clamor no noso país” sentenciaba Rego.

O BNG insiste en que “blindar Galiza segue sendo necesario”. Néstor Rego asegura que despois de pechar a fronteira sur, con Portugal, onde hai moi poucos casos,  cobra máis sentido pechar a Leste, por onde continúa entrando o risco de contaxios. Defende que cortar a mobilidade é tamén a mellor forma de cortar a cadea de  transmisión do  COVID19 por todo o territorio. Ademais, aposta por coordinar os esforzos das comunidades autónomas, de cada País, “no canto de centralizar, cooperar”. O deputado nacionalista ha sinalado que non se mellora subtraendo competencias a quen ten un mellor coñecemento da súa propia realidade, entre outras cousas, porque "nacións como Galiza ten características físicas, sociais e humanas particulares que  necesitan respostas específicas".

No referente ás consecuencias sociais e económicas e ás medidas adoptadas, o BNG cre que son claramente insuficientes, "polo menos en canto á protección dos sectores máis desfavorecidos, dos traballadores e os autónomos". O deputado nacionalista afirma que no canto de optar por axilizar os  ERTEs -que supoñen  inseguridade, perda de salario e diminución en extras e vacacións- habería que garantir o  mantemento do emprego e dos dereitos laborais. Neste sentido, pon como exemplo a Italia, que acaba de prohibir os despedimentos por razóns económicas durante 2 meses e apoia esta medida cunha partida de 25.000 millóns de euros para axudas. Ademais,  o BNG avoga por  condonar o pago das hipotecas, polo menos durante 4 meses, para todas as persoas afectadas pola perda de emprego ou de ingresos, con cargo ao rescate bancario, así como apoiar economicamente aos autónomos e por establecer moratorias no pago de alugueiros, tanto de particulares como negocios obrigados a pechar e apoio económico para facerlles fronte, así como aos custos de servizos  básicos, como auga, gas ou electricidade.

 

Néstor Rego exixe no Congreso que se blinde Galiza como mellor solución para atallar o problema