O BNG defende unha tarifa eléctrica galega que nos beneficie por ser produtores de enerxía

  • Pontón culpa a Feijóo das perdas de anular o concurso eólico, “por puro sectarismo”, que se traduce en indemnizacións con cartos públicos
  • Propón recuperar as concesións hidroeléctricas, impedir cortes de luz e gas e flexibilizar as condicións para cobrar axudas por pobreza enerxética

A portavoz nacional, Ana Pontón, instou ao presidente da Xunta a liderar unha demanda “tan xusta como lóxica”: Que as familias e as empresas se beneficien do feito de ser Galiza produtora excedentaria de enerxía cunha tarifa eléctrica galega que abarate a factura da luz.

Euskadi xa conta cunha tarifa diferenciada que lle permite as empresas con gran consumo enerxético aforrar millóns de euros ao ano, “pero Euskadi ten un presidente que exerce como tal, e aquí...témolo a vostede”, ironizou Pontón, quen responsabilizou a Feijóo das perdas millonarias derivadas de anular “por puro sectarismo do PP” un concurso eólico legal, o que se traduce agora nunha sucesión de sentenzas que establecen indemnizacións a pagar con recursos públicos”.

Xunto coa tarifa eléctrica galega, o BNG propuxo outras medidas para acabar cos privilexios das multinacionais eléctricas.

Recuperar para beneficio público as concesións das centrais hidroeléctricas a medida que caduquen, -algunhas de xeito inmediato-, modificar a normativa para impedir cortes de subministro de luz ou de gas ás familias con dificultades e flexibilizar as condicións de acceso ás axudas do tícket social contra a pobreza enerxética.

Ademais, o Bloque aposta por impugnar a actual Lei 24/2013 do Sector Eléctrico  aprobada en solitario polo PP, “que consolida un modelo centralizado e de privilexios para as multinacionais eléctricas”, salientou Pontón, tras acusar ao PP de “lexislar a favor do lobbie eléctrico e en contra das persoas e dos intereses de Galiza”.

Privilexios, indicou Pontón, que empezarán a acabarse “cando os que se sentan hoxe no Consello de ministros non se senten mañá nos consellos de administración das eléctricas”, en referencia ás portas xiratorias utilizadas para recolocar a cargos do PP; “que nos deixan como último exemplo o enchufe do gran experto en enerxía, Arsenio Fernández de Mesa”.

O trato de favor ás empresas, -que comparten tanto PP como PSOE-, é sufragado polos usuarios e usuarias a través da factura onde se colan conceptos que serven para incrementar os beneficios de Endesa, Iberdrola ou Gas Natural Fenosa, que superaron os 5.000 millóns de euros en 2015.

“Primeiro foi a “moratoria nuclear”, -5.700 millóns extra para as empresas-, despois viñeron os chamados “custes de transición á competencia”, -6.000M€ a maiores na factura-, e o último é “o déficit tarifario” polo que imos regalarlles as multinacionais do sector 25.000M€ a pagar a escote por todas nós como consumidores”, denunciou Pontón.

Cando exportamos ata un terzo da electricidade que producimos, é

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG