Síguenos no Whatsapp

Sabemos que Whatsapp é app de mensaxería que utilizas todos os días. No BNG tamén queremos estar aí para enviarche información de primeira man e para que saibas todo o que facemos, en exclusiva, sen intermediarios. Con este obxectivo abrimos a nosa propia canle de Whatsapp. O mecanismo para darte de alta á nosa canle é moi sinxela, só tes que seguir as seguintes instrucións:

  1. Engade un contacto novo á túa axenda co número de teléfono: +34 981 55 58 50 Si, o número é correcto, é un fixo. Se xa tes na axenda este número de teléfono asegúrate de que teña o +34 diante.
  2. Envia unha mensaxe de WhatsApp a este novo contacto poñendo "ALTA e a localidade onde residas. Por exemplo: ALTA VIGO.
  3. Enviarémosche unha mensaxe de confirmación e comezarás a recibir noticias e mensaxes do BNG no teu móbil, sen filtros e sen intermediarios.

Ao enviar a primeira mensaxe ao novo contacto agregado, formarás parte dunha lista de difusión. 

En calquera momento podes deixar de recibir as noticias, comunicándoo a través do mesmo medio cunha mensaxe que poña "BAIXA"

IMPORTANTE: Enviamos as mensaxes a través dunha lista de difusiónNUNCA engadiremos o teu contacto a un grupo, NUNCA, polo que ningunha outra persoa subscrita á nosa canle de Whatsapp terá acceso aos teus datos ou ao teu número de teléfono.


Comparte os contidos
Facémosche máis doado compartir os contidos do BNG, porque sabemos perfectamente que non todas e todos tedes Twitter ou Facebook, pero si tes Whastapp e participas a cotío en grupos e seguro que tes as túas propias canles de difusión. Convidámoste a compartir tamén os contidos do BNG. Bótanos unha man!!