Afíliate ao BNG

No Bloque queremos avanzar na nosa proposta de abrir un tempo novo, tamén dentro de nós. Porque a Galiza que queremos é un proxecto compartido, un horizonte a definir entre todas e todos. Na Galiza de hoxe temos diferentes formas de vivir e sentir o que somos, e desde o BNG queremos partir do realmente existente para construír o futuro. Apostamos, por iso, por un BNG con proxecto propio, plural, inclusivo e aberto. Un BNG coa man tendida para sumar e facer país. Queremos construír este novo BNG con ilusión, contigo. Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG!

Cubre o seguinte formulario e solicita información para afiliarte ao BNG.




PROTECCIÓN DE DATOS

O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.